Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Reactivada a Xunta local de seguridade de Cedeira como principal órgano de coordinación policial no municipio

REACTIVADA A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE CEDEIRA COMO PRINCIPAL ÓRGANO DE COORDINACIÓN POLICIAL NO MUNICIPIO

Foi copresidida polo subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e polo alcalde da localidade, Pablo Moreda Gil.
A reunión analizou os índices de delincuencia do Concello e estudáronse fórmulas de colaboración entre a Policia Local e a Garda Civil.
8 de xuño de 2018.- O subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, e o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda, copresidieron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade. Á sesión tamén asistiron a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e o coronel Xefe da Comandancia Garda Civil da Coruña, Benedicto González; acompañados polo comandante xefe do posto de Cedeira, José Manuel Castelló, e o xefe do destacamento da Tráfico de Ferrol, Francisco Javier López. Por parte do Concello estiveron presentes a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez; o de Educación, Robustiano Labraña, e o de Medio Ambiente, Camilo Casal, así como o xefe da Policía Local, Alberto Díaz. Por último, en representación da Policía Autonómica asistiu o inspector xefe da Unidade Adscrita, Antonio Bouzada.

Con esta reunión reactívase a Xunta Local de Seguridade, que non se celebraba desde o ano 2007. A Xunta Local é o principal órgano de coordinación entre as forzas de seguridade presentes no municipio coa función principal de establecer e valorar os dispositivos conxuntos entre Policía Local, Garda Civil e Policía Autonómica. Para proceder á súa reactivación, a sesión de hoxe comezou coa adaptación da xunta existente ao indicado no Real Decreto 1087/2010, que regula o funcionamento destes órganos.

Ademais, esta primeira reunión permitiu analizar o estado da seguridade cidadá en Cedeira, onde se constatan uns índices de delincuencia estables e por baixo da media provincial. Ademais, destacouse a boa colaboración existente entre Garda Civil e Policía Local. En relación polo miúdo de droga e consumo de substancias na vía pública, a Garda Civil reforzará os operativos na materia e intensificaranse as accións educativas a través do Plan de Seguridade en Centros Escolares.

No que respecta á seguridade viaria, ampliaranse as campañas de sensibilización por parte de policía local e agrupación de tráfico

OUTROS ASUNTOS

Na mesma reunión, o subdelegado do Goberno na Coruña lembrou as modificacións normativas relativas á seguridade en espectáculos pirotécnicos. Tamén se estudaron as medidas de seguridade aplicables en eventos festivos ou extraordinarios que requiran un dispositivo especial e un reforzo de medidas pasivas de seguridade, como as festas patronais e outros acontecementos.

Pola súa banda, o alcalde, Pablo Moreda Gil, valorou moi satisfactoriamente a celebración da reunión e manifestou o seu desexo de normalizar a convocatoria da Xunta para afianzar esta reactivación. Tamén destacou a boa relación existente entre Policía Local e Garda Civil que se traduce na boa situación na que se atopa Cedeira en materia de seguridade, moi por debaixo da media provincial e autonómica.