Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira despide aos 145 nenos do Campus de Fútbol coa celebración dun acto no Auditorio Municipal

CEDEIRA DESPIDE AOS 145 NENOS DO CAMPUS DE FÚTBOL COA CELEBRACIÓN DUN ACTO NO AUDITORIO MUNICIPAL

O auditorio municipal acollerá hoxe venres o acto de clausura do Campus de Fútbol que, promovido pola Fundación da Real Federación Española de Fútbol, vén de celebrarse na vila desde o día 16 deste mes. Na actualidade un total de 52 nenos e catro nenas participan na segunda quenda dunha actividade que coordinan José Manuel Teijeiro como responsable do Campus e David Pérez como representante da Federación.

O acto de clausura dará comezo ás 18.00 hora e contará coa presenza do alcalde, Pablo Moreda Gil; do xogador Joan Capdevila -campión da Eurocopa do 2008 e lateral esquerdo nos equipos do Atlético de Madrid, Deportivo da Coruña e Español- e do preparador físico Jesús Paredes, man dereita do que foi seleccionador nacional, Luis Aragonés.

Todos os nenos participantes recibirán un diploma de asistencia, unha evolución técnica da RFEF e as equipacións oficiais e de adestramento, ademais de fotos de recordo.

A convocatoria da RFEF deu lugar á participación dun total de 145 nenos con idades comprendidas entre os 7 e 17 anos. Durante a súa estadía en Cedeira os rapaces levaran a cabo distintas actividades de ocio así como outras relacionadas co mundo do fútbol (táctica e técnica).