Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira convoca as axudas públicas para fomentar a cultura e promocionar o deporte a través das entidades locais

CEDEIRA CONVOCA AS AXUDAS PÚBLICAS PARA FOMENTAR A CULTURA E PROMOCIONAR O DEPORTE A TRAVÉS DAS ENTIDADES LOCAIS

O curso escolar arrinca en Cedeira coa apertura do plazo de presentación de solicitudes para ter acceso ás subvencións concedidas polo Concello para fomentar a cultura e o deporte a través das iniciativas levadas a cabo polas entidades locais, así como para a mellora das instalacións e a compra de bens inventariados con aportacións económicas sempre que o importe da axuda solicitada sexa superior aos 100 euros.

As convocatorias fixéronse públicas hoxe coa publicación das catro resolucións no Boletín Oficial da Provincia, polo que desde o equipo de goberno se anima ás asociacións a consultar canto antes as disposicións para acceder ás devanditas axudas.

A partir de agora ábrese un prazo de 15 días para a presentación de solicitudes. As instancias hainas que presentar na sede electrónica del Concello. O goberno local reserva unha partida de 48.000 euros para apoiar por esta vía a cultura e promocionar o deporte no ámbito local, coa concesión de axudas que poden chegar a representar ata un 70% da cantidade necesaria para levar a cabo unha determinada actividade. No caso das subvencións culturais, establécese unha aportación máxima de 1.500 euros por cada beneficario.

Pode consultar toda a información sobre as subvencións municipais na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Subvencións municipais