Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira convértese na capital do percebe esta fin de semana

CEDEIRA CONVÉRTESE NA CAPITAL DO PERCEBE ESTA FIN DE SEMANA

Algúns dos mellores percebes do mundo poderanse probar durante esta fin de semana en Cedeira. Na sexta edición desta festa repartiranse sobre unhas 2.500 racións de crustáceo, acompañadas doutras 1.000 de polbo e outras 1.000 de pastelón. Este último prato substitúe á empanada tradicional, e poderase pedir de bonito, de bacallau con pasas ou de sardinillas. Como aínda se está comprando a tonelada de produto necesaria para os festexos, a Confraría de Pescadores non anunciou o prezo final das racións. Con todo, din que probablemente baixe con respecto ao ano pasado, que se fixou en 13 euros.

Esperan que acudan a degustar os percebes unhas 5.000 persoas, entre mañá, sábado, e o domingo. O molusco elaborarase segundo a técnica tradicional de Auga a ferver, percebes botar, auga a ferver, percebes quitar, apostando polo clásico.

A cita deste fin de semana creouse tamén para poñer en valor o labor dos percebeiros que arriscan a súa vida capturando artesanalmente o molusco en zonas de difícil acceso. Un oficio que require gran destreza e habilidade para poder degustar a diario o mellor marisco. A cita organízaa a Confraría de Pescadores de Cedeira e colabora o Concello.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Cedeira convértese na capital do percebe este fin de semana