Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira celebra a festividade de San Antonio con churrasco, música e moita festa

CEDEIRA CELEBRA A FESTIVIDADE DE SAN ANTONIO CON CHURRASCO, MÚSICA E MOITA FESTA

A vila de Cedeira celebra os días 12 e 13 de xuño a festividade de San Antonio de Corveiro cun programa cheo de citas musicais e tradicións.

O calendario arrancará ás 19.30 horas do mércores 12 coa celebración dunha churrascada á que os gaiteiros da Asociación Cultural Buxainas porán a nota musical. Esta primeira xornada festiva rematará coa verbena na que, a partir das 20.30 horas, actuarán os compoñentes da orquestra New York.

Ao día seguinte -xornada festiva a todos os efectos no municipio de Cedeira- haberá misa solemne ás 13.00 horas, e procesión a continuación. A música correrá a cargo da agrupación Buxainas e non faltará a tradicional poxa dos roscóns e o sorteo do perico cos que a organización prevé reunir a maior parte do diñeiro investido nos actos festivos.

A orquestra Galilea amenizará a sesión vermú e tamén actuará, a partir das 20.30 horas, na verbena coa que veciños e visitantes despediranse da primeira romaría do ano. A seguinte será o día 17 de agosto no marco das festas da Virxe.