Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira acolleu a constitución da red de Galilusofonía

CEDEIRA ACOLLEU A CONSTITUCIÓN DA RED DE GALILUSOFONÍA

Ao abeiro do III Festival “Traz outro amigo”, constituíase o pasado domingo en Cedeira a Rede da GaliLusofonia, que agrupa a entidades civís e públicas de Portugal e Galicia e cuxos obxectivos pasan “por xuntar esforzos, coordinarse e cooperar na difusión de iniciativas encamiñadas a situar a Galicia no seu espazo natural lingüístico-cultural, a Lusofonía.

Esta nova situación representa un grande potencial en eidos como o económico e o institucional e responde a unha demanda nacida na sociedade civil que logrou, a través dunha iniciativa lexislativa popular, que o Parlamento de Galicia aprobase en 2014 a coñecida como Lei PazAndrade “para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía”.

Na xuntanza constituínte foron adoptados os primeiros acordos, entre os que cabe destacar a aprobación por unanimidade dos estatutos; a programación dunha nova asamblea xeral, que será en decembro na cidade de Pontevedra, e a celebración de festivais de GaliLusofonía que terán lugar tanto na cidade de Braga como na de Santiago de Compostela con motivo da capitalidade cultural do Eixo Atlántico e do Xocobeo 2021. Así mesmo, tamén salíu adiante a constitución da xunta directiva, da que forman parte Gonzalo Constela (presidente), Rudesindo Soutelo (vicepresidente), Robustiano Labraña (tesoureiro) e Bughard Baltrusch (secretario).

Á xuntanza acudiron representantes da Associaçom Jose Afonso, Canto d´Aquí de Braga, Convergências Portugal e Galiza, Castro-Galaico Festival de Nogueiró, Academia Galega da Lingua Portuguesa, Ari[t]mar Galiza e Portugal- Escola Oficial de Idiomas de Santiago, Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo, Os Furabolos e Traz outro amigo também (Festival).