saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

Cedeira acoge este sábado una de las pruebas de los pesqueros de Galicia liga, que también compite en el club de remo local

CEDEIRA ACOLLE ESTE SÁBADO UNHA DAS PROBAS DA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS, NA QUE TAMÉN COMPITE O CLUB DE REMO LOCAL

Os afeccionados ao remo teñen este sábado (día 5 de agosto) unha cita moi especial en Cedeira. A súa ría acollerá a regata de traiñeiras da Liga Galega (B). A proba dará comezo ás 17.30 horas e na mesma tomarán parte sete embarcacións, o que fai un total de 98 remeiros. Os clubs Virxe da Guia (Vigo), Vila de Cangas (Cangas), Muros, Esteirana (Muros), Mera (A Coruña), Mugardos e Cedeira son os equipos que na tarde do sábado tratarán de mellorar as súas posibilidade cara a facerse coa liga galega de traiñeiras. O equipo de Cedeira tamén se xoga un posto de ascenso á división superior (A).

A distancia a percorrer é de 5.556 metros, o que se conseguirá facendo en catro tramos os 1.400 metros que hai desde o espigón do porto ata unha referencia situada fóra da ría. Así, as persoas que o desexen tamén poden seguir a proba desde os moitos puntos elevados que existen ao longo da ría, desde o castelo da Concepción ata a punta do Sarridal.

A organización corre a cargo do Club de Remo de Cedeira, que invita aos afeccionados ao remo e ao deporte en xeral a seguir a competición visitando a localidade.