Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira acolle este sábado o festival internacional de buxainas e o de verán da coral Eixil

CEDEIRA ACOLLE ESTE SÁBADO O FESTIVAL INTERNACIONAL DE BUXAINAS E O DE VERÁN DA CORAL EIXIL

A actividade cultural en Cedeira intensifícase este sábado, día 27, coa celebración cunha nova edición do Festival Folclórico Internacional organizado pola Asociación Cultural Buxainas e o de Verán, que corre a cargo da coral Eixil.

A primeira das citas, que dará comezo ás 19.30 horas e terá lugar na praza Roxa- no caso de que choiva a convocatoria pasará á xornada do domingo (día 28)-, implicará a participación no programa do Grupo Etnográfico das Mariñas (Ferrol) e do Folclórico de Crastovaes (Portugal), ademais do anfitrión.

O Festival de Verán da Coral Eixil, que será ás 20.00 horas no auditorio municipal, consistirá na actuación do coro Diapasón de Ferrol, a coral de Bugollido (Ames), o coro de Ex-mineiros de El Entrego (Asturias) e a coral cedeirense. Cada unha das agrupacións Interpretará cinco cancións.

A entrada é gratuíta.