Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

URBANISMO

Prohibición de suspender o suministro de auga a consumidores en situación de vulnerabilidade social durante o estado de alarma

O Concello de Cedeira en colaboración coa empresa Viaqua, concesionaria do Servizo de Abastecemento de Auga e Saneamento, toman a medida de PROHIBIR A SUSPENSIÓN DO SUMINISTRO DE AUGA A CONSUMIDORES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE DENDE O DÍA DE HOXE.

Unha vez finalice a situación de alarma, os usuarios que non puidesen facer fronte ao recibo por encontrarse en situación de vulnerabilidade deberán poñerse en contacto co noso Concello.

O Concello de Cedeira estará en coordinación cos Servizos Sociais e a compañía suministradora do servizo de auga.

Peche de todas as praias do municipio de Cedeira

Tras ser declarado o estado de alarma, ao abeiro do previsto no RD 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo de 2020, o concello de Cedeira adopta a seguinte medida:

  • O peche de todas as praias do municipio de Cedeira. Este peche implica non so a prohibición de baño, senón tamén o acceso e a estancia na zona da área, quedando delimitada a área de protección dende o linde dos correspondentes paseos ata o mar.

Apélase novamente á responsabilidade de todas e todos para evitar situacións de risco e seguir as indicacións que se vaian adoptando.

Conscientes das incomodidades e prexuízos que estas medidas poden supoñer, temos que antepoñer sobre calquera cousa, como obxectivo único prioritario deste concello, evitar a difusión do contaxio e salvar vidas.