Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PERSOAL E FACENDA

ANUNCIO: PROPOSTA DE PAGO DAS AXUDAS DE CONCELLOS ADHERIDOS AO FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DE A CORUÑA

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria realizada o día 20-04-2021, adoptou o seguinte acordo:

Proposta de pago das axudas de concellos adheridos ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia de A Coruña. Concello de Cedeira.

Pódese descargar o documento integro na seguinte ligazón:

DESCARGA PDF proposta de pago das axudas de concellos adheridos ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia de A Coruña. Concello de Cedeira.

OS NOVOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS PROTAGONIZAN O NOVO NÚMERO DO BOLETÍN “AS7PARROQUIAS”

O Concello de Cedeira vai distribuír estes días entre a veciñanza un novo número, o 17, do boletín “As7Parroquias”, no que informa das principais novidades e logros do traballo municipal nos últimos dous meses. Desta volta o boletín destaca na súa portada a aprobación dos novos orzamentos municipais, que poñen o acento no eido dos servizos sociais, e tamén o compromiso acadado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para retomar as xestións e poñer en marcha a ampliación do Centro de Saúde de Cedeira.

“As7parroquias” detalla tamén as obras que están en marcha ou que remataron recentemente, e os principais proxectos de investimento que se consignaron nas contas de 2021. Informa tamén da reserva de 70.000 euros para lanzar unha nova convocatoria de axudas municipais a empresas e autónomos, coa finalidade de paliar os efectos da pandemia, así como dos fondos adicados a sufragar actividades do tecido asociativo da vila.

A aprobación por primeira vez na historia de Cedeira duns orzamentos participativos, que se elaboraron por parte do alumnado de 4º da ESO do IES Punta Candieira, e a moción unánime dos grupos municipais para cubrir o patio do Areal do CEIP Nicolás do Río son outros dos temas que aborda o boletín, no que tamén se dá conta da finalización da redacción do proxecto para a recuperación integral do curso medio do río Condomiñas.

A contraportada de “As7Parroauias” está adicada, como é habitual, ao tecido asociativo da localidade. Nesta ocasión ofrece unha reportaxe sobre ABAC, a Asociación de Benestar Animal de Cedeira, e o seu traballo polo control das colonias de gatos.

DESCARGA PDF Boletín “As7Parroquias”

AXUDAS PEL 2021

Aberto o prazo para solicitar as axudas PEL Emprende Autónom@s.
Estas diríxense ás persoas autónomas da provincia con menos de 5 anos de actividade.

O programa permitirá achegar axudas de 2.400 euros e sufragar un ano de cotas á Seguridade Social.

Prazo para o envío de solicitudes: aberto ata as 14.00 horas do 15 de abril.

Máis información na seguinte ligazón:
https://emprego.dacoruna.gal/