Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PERSOAL E FACENDA

O Cedeira impulsa a súa política medioambiental coa contratación de sete persoas: un técnico e seis peóns

O CEDEIRA IMPULSA A SÚA POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL COA CONTRATACIÓN DE SETE PERSOAS: UN TÉCNICO E SEIS PEÓNS

O Concello de Cedeira dalle pulo á promoción e defensa do patrimonio natural e criterios medioambientais dentro da política municipal coa contratación dun total de sete persoas. Así, o executivo local pasará a dispoñer dun técnico en dita materia que lle asesorá tanto á hora de recuperar espazos naturais como á de deseñar programas de información
e sensibilización ambiental, ademais de realizar tarefas de coordinación de actuaciones con outros organismos e de dar aopio no desenvolvemento de plans de mantemento. Este cadro de persoal completarase con seis peóns, que se encargarán de levar a cabo tarefas de conservación e mantemento de espazos públicos.

Trátase de contratacións temporais, do mes de xuño ao de setembro, que se financiará a través
do Fondo de Compensación Medioambiental (FCA).

O orzamento para este ano do Fondo Medioambiental ascende a 87.753,54 euros. Con cargo a esta cantidade tamén se prevé a ampliación do número de cobrecontedores, por importe de 8.097,32 euros. Esta medida consiste na instalación de estruturas de madeira para deixar fóra da vista os colectores do servizo de recollida de lixo.
O Concello de Cedeira tamén destina outra partida económica do Fondo de Compensación Medioambiental, cuxo importe é de 36.283,06 euros, a darlle continuidade ao programa de aforro enerxético -o que se vai a traducir na substitución das actuais luminarias da praza de Galicia por outras de tecnoloxía led- e ao plan municipal para darlle unha maior visibilidade aos peóns. Neste último caso, trátase de iluminar os pasos de peóns coa finalidade de que os automobilistas poidan percibir a presenza de persoas sobre a calzada. As actuacións incluídas na presente anualidade do FCA se levarán a cabo nas avenidas Zumalacárregui e da Area e na rúa Cuartel.

Convocatoria e Bases para a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o posto de arquitecto/a

CONVOCATORIA E BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR NOMEAMENTOS INTERINOS PARA O POSTO DE ARQUITECTO/A

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos no posto de
arquitecto/a encadrado na escala de Administración Especial, subescala Técnica, grupo “A1” do Concello de Cedeira, co fin de facer fronte ás situacións expostas no artigo 23.2 da Lei 2/2015, de 29 de decembro, de emprego público de Galicia.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica (https://
sede.cedeira.es) ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento Administrativo común das Administracións Públicas. Se presentara a instancia por correo postal, deberá aparecer o selo da oficina de correos na devandita solicitude e se comunicará ao Concello a presentación da solicitude, por correo electrónico á direccióncorreo@cedeira.es, ou por fax ao número 981482506. Noutro caso só a data de inscrición da instancia no Rexistro do Concello será a que se teña en conta para todos os efectos.

O prazo de presentación de solicitudes será de OITO DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP

DESCARGA Convocatoria e Bases para a formación dunha bolsa de traballo para realizar nomeamentos interinos para o posto de arquitecto/a

Aberto o prazo da convocatoria de praza de auxiliar administrivo/a

ABERTO O PRAZO DA CONVOCATORIA DE PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Onte se publicou no BOE o anuncio correspondente e por tanto dende hoxe mesmo se poden presentar instancias
para participar no proceso selectivo para obter a praza de auxiliar administrativo/a.

O prazo remata o día 16 de abril.


VER PDF Anuncio BOP Bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, quenda libre, dunha praza de auxiliar de Administración xeral


VER PDF Anuncio DOG do extracto da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo/a.


VER PDF Resolución de 15 de marzo de 2018, de la Mancomunidad de Municipios de la Comarca de Ferrol (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza


DESCARGA EN WORD Modelo de solicitud