Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO ACORDO DE APROBACIÓN INICIAL DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE CEDEIRA

O Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada o día 13 de febreiro de 2023, acordou aprobar inicialmente o Inventario de camiños municipais do concello de Cedeira.

Ademais, acordouse someter a información pública o expediente administrativo por prazo de un mes, aos efectos de
que se poidan presentar as alegacións que se estimen procedentes, nas formas previstas na lexislación reguladora no
procedemento administrativo común. O prazo comezará a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A consulta do inventario pode realizarse no Departamento de Urbanismo do Concello de Cedeira (rúa Real, número 15), previa cita, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou na sede electrónica deste Concello, no enderezo: https://sede.cedeira.gal

O inventario entenderase aprobado de forma definitiva no suposto de que non se presenten alegacións durante o prazo de información pública.

Máis información:

Descarga PDF Anuncio de información pública do acordo de aprobación inicial do Inventario de camiños municipais do concello de Cedeira

Ligazón Inventario de camiños municipais

O GOBERNO LOCAL PROXECTA A CREACIÓN DUN ESPAZO VERDE E DE LECER NA ZONA DAS “CASAS BARATAS”

O goberno local de Cedeira solicitou á Xunta de Galicia unha subvención que permitirá cofinanciar a creación dunha nova zona verde e de lecer nunha parcela situada na rúa Silva, nas inmediacións das chamadas “Casas Baratas”. A intervención, segundo explicou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, vai rexenerar un espazo actualmente degradado e desaproveitado para convertilo nun lugar de encontro. “Esta é outra actuación dirixida a facer de Cedeira un lugar máis amable para os veciños e veciñas, especialmente para as persoas maiores, que adoitan compartir as tardes nos parques da vila cando a meteoroloxía o permite”, explicou.

O presuposto de execución ascende a 60.457,23€ e a subvención solicitada á Xunta, no marco dun programa para a mellora de infraestruturas e servizos municipais, ascendería a 40.000€. A intervención proxectouse para unha parcela con forma de triángulo que está no número 26 da rúa Silva, precisamente onde se bifurca a rúa principal coa travesía do mesmo nome.

Son 73 metros cadrados nos que se prevé plantar vexetación e árbores e colocar unha zona de bancos, cunha estrutura de cuberta parcial para facer máis confortable o tempo de lecer que pasen alí os veciños e veciñas, protexéndoos da choiva ou o sol. Tamén haberá un aparcamento de bicicletas e se renovarán as beirarrúas existentes, proporcinándolles un ancho que garanta unha boa accesibilidade para os peóns.

Na base do “triángulo” no que se vai actuar está a fachada cega dun edificio. O proxecto contempla utilizala para pintar un mural artístico, unha nova obra de street art, que será consensuado cos propietarios e inquilinos de dito inmoble por parte do Concello de Cedeira.

A ASOCIACIÓN PARA A XESTIÓN DO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL APROBA UN PLAN DE ACTUACIÓNS E ORZAMENTO PARA O ANO 2023 POR IMPORTE DE 453.136 € NA SÚA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal está a espera da ratificación da UNESCO para converterse oficialmente en Xeoparque Mundial, trala proposta favorable emitida, no pasado mes de decembro, polo Consello de Xeoparques da Unesco.

A Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal ven de celebrar no día de onte a súa Asemblea Xeral Ordinaria, onde se aprobou un orzamento por importe de 453.136 € para esta anualidade.

Tamén se aprobou o estado de contas do ano 2022, así como o plan xeral de actuación para o ano 2023.

Tal e como establecen os estautos da asociación, procedeuse tamén ao cambio da xunta directiva, con cargos de carácter anual e rotativo, pasando á presidencia de turno a recaer sobre Pablo Moreda Gil, alcalde e representante do Concello de Cedeira, para este ano 2023.

Ademáis, deuse conta de todas as actuacións levadas a cabo no derradeiro ano, incluíndo o resultado favorable da auditoría da candidatura e, polo tanto, da proposta favorable do Consello de Xeoparques da Unesco para o recoñecemento definitivo (prevese no vindeiro mes de maio) como Global Geopark, por parte da Asamble Xeral da Unesco. Tamén se deu conta da execución de diferentes accións incluídas no Convenio de Actividade asinado coa Deputación da Coruña, así como da subvención DP0030 da Deputación da Coruña para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña.

ENTIDADES AMIGAS

Os estatutos da asociación prevén a figura das entidades amigas que, previa solicitude, son admitidas en Asamblea xeral. Así, nesta asemblea xa poideron participar aquelas entidades amigas que foran admitidas en asembleas anteriores. Ademais, aprobouse a incorporación de 6 novas entidades, ascendendo actualmente a 20 as asociacións de diversa tipoloxía (deportivas, culturais, veciñais, sectoriais…) que están admitidas. Estas Entidades Amigas forman parte tamén do Foro de Participación Local, exercendo como embaixadores do proxecto e colaborando coa asociación, sendo chave para a involucración da base social neste proxecto.

Máis información: xestionaxco@gmail.com