Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

O Concello repartirá este ano 30 composteiros máis entre a veciñanza de forma gratuíta

O Concello de Cedeira impulsa un ano máis o Programa de Compostaxe Doméstico ofrecendo composteiros de maneira gratuíta a veciñanza. Esta iniciativa comeza no ano 2016 coa colaboración de SOGAMA, á que se engaden os composteiros que, por iniciativa municipal, foron adquiridos nos últimos tres anos.

O obxectivo é, por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios da compostaxe caseira, e por outra, estender o número de familias cedeirenses que participan na experiencia distribuíndo este ano 30 novas unidades.

Para participar no proxecto é requisito residir no municipio e dispor dun pequeno xardín ou horta no que situalo. As persoas interesadas poden pedilo cubrindo un modelo de solicitude no rexistro municipal a partir de hoxe, día 31 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou directamente na sede electrónica. Dado o limitado número de composteiros terase en conta a orde de chegada das solicitudes priorizando ás familias que non teñan participado en anos anteriores.

A elaboración de compost na casa ten moitas vantaxes, tanto medioambientais como económicas. A compostaxe permite reutilizar os refugallos que doutra forma acabarían no contedor verde convencional, contribúe a reducir a frecuencia do servizo de recollida, minora ás emisións de CO2 producidas durante a recollida e posterior transporte do lixo, e economiza o gasto municipal derivado do canon por tonelada no tratamento de residuos que realiza SOGAMA. Ademais, recupera un método tradicional de aproveitamento do restos orgánicos que xeramos no fogar, en torno ao 40% da composición media da nosa bolsa de lixo, obtendo a cambio un abono natural moi rico en nutrientes para aplicar na horta.

Os composteiros son resistentes á intemperie, fáciles de montar e de sinxelo mantemento. Permiten un maior control das condicións idóneas para facer compost e evitan algunhas das molestias do proceso como cheiros, roedores, etc. Xunto ao recipiente, o Concello entregará un breve manual e realizará un seguimento durante o primeiro ano.

A continuación pódese descargar os seguinte documentos:

Aviso da Consellería de Medio Rural

No DOG nº 18 do martes 28 de xaneiro de 2020 veñen de publicarse e convocarse as axudas para:
▪Investimentos nas explotación agrarias.
▪Incorporación de mozos.
▪Desenvolvemento de pequeña explotación.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febrero. As persoas interesadas poden solicitar información na Oficina Agraria Comarcal:
🏫 Pza. Roxa, s/n (Pontenova).
☎ 881 930 094.

Pode visitar o enlace do DOG na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200128/AnuncioG0426-070120-0002_gl.html

 

A concellería de servizos sociais informa do comezo dos seus cursos en febreiro

Inscricións:

  • Oficinas de servizos sociais, terceiro piso do edificio do Auditorio Municipal.
  • Teléfono 981 492 179.

XIMNASIA TERAPÉUTICA E EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Inicio martes 4 de febreiro de 2020

Martes:

Esteiro – 9.45 h

Cedeira – Grupo 1- 11.30 h. | Grupo 2 – 12.15 h.

Xoves:

Montoxo – 9.30 h

San Román – 10.45 h

Santalla – 12.00 h.

OBRADOIRO DE MEMORIA

Inicio – Luns 3 de Febreiro de 2020

Cedeira – Biblioteca da Cafetería do Auditorio

1º Turno – luns e venres ás 16:00 h.

2º Turno – luns e venres ás 17:30 h.

Sisalde – Martes ás 16:00 h. e Mércores ás 17.15 h.

Saa – Mércores e xoves ás 16:00 h.

Montoxo – Martes e xoves ás 17:15 h.

Santalla – Martes e xoves ás 18:30 h.

San Román – Luns e venres ás 19:30 h.

ZUMBA GOLD

Inicio – Luns 3 de febreiro

Sala Áncora

Luns, mércores e venres

De 11.00 h a 12.00 h