Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

“Seráns na rúa” encherá as tardes da vila de teatro, circo e de moito espectáculo

“SERÁNS NA RÚA” ENCHERÁ AS TARDES DA VILA DE TEATRO, CIRCO E DE MOITO ESPECTÁCULO

“Seráns na rúa” é unha proposta divertida para encher as tardes de festa que están por vivir na vila de Cedeira. A praza do Floreal é o escenario elixido para reunir, a partir das oito da tarde, a todas aquelas persoas que gustan tanto do teatro como do circo e do mundo do espectáculo en xeral.

O programa arrincará o domingo día 13 co Circanelo, unha convocatoria apta para todos os públicos e na que o teatro xestual mestúrase coa danza e mesmo tamén coa acrobacia.

Dani García levará o luns 14 a Cedeira o espectáculo Código, no que unha combinación de números, letras e símbolos permítelle ao artista comunicarse co seu público. Esta cita vai dirixida á mocidade e público adulto.

Menú Magnífico é unha proposta dirixida a persoas de todas as idades e unha boa mostra do que é reivindicar o circo clásico. Será o martes 15 na praza do Floreal.

A programación “Seráns na rúa” pechará o mércores 16 co grupo Kanbahiota, que levará á vila un espectáculo de rúa cargado de humor.

A Semana Infantil é un magnífico adianto das Festas de Cedeira

A SEMANA INFANTIL É UN MAGNÍFICO ADIANTO DAS FESTAS DE CEDEIRA

Como adianto do que está por vir, o Concello de Cedeira programa para os catro primeiros días da próxima semana a celebración de probas atléticas, concursos tradicionais e xogos populares. É a chamada Semana Infantil, un conxunto de actividades pensadas para os nenos y que terá como referencia a praza Roxa, a partir das 11.00 horas.

As citas darán comezo o luns coa convocatoria de probas de velocidade, resistencia, relevos, xavalina e peso. O martes é a xornada dedicada a lembrar os xogos máis tradicionais, como o do pano, a “silla” ou o de tiro con corda. As carreiras do humor, tal e como poden ser as de ovo, sacos e culler, terán lugar na mañá do mércores día 9.

O calendario pechará o xoves coa celebración do tradicional certame de cestelos de area na praia da Madalena e a final de fútbol sala. Esta última competición, que chega a súa vinte catro edición, dará comezo ás 18.30 hora co partido de benxamíns. Despois disputaránse os das categorías de alevín (19.15 horas), infantil (20.00 horas) e senior (21.00 horas). O pabellón acollerá unha competición que conta con moitos afeccionados e seguidores na vila de Cedeira.

Cedeira despediu aos 145 nenos do Campus de Fútbol nun acto celebrado no Auditorio Municipal

CEDEIRA DESPEDIU AOS 145 NENOS DO CAMPUS DE FÚTBOL NUN ACTO CELEBRADO NO AUDITORIO MUNICIPAL

Cedeira despediu aos 145 nenos que tomaron parte no Campus de Fútbol da RFEF (Real Federación Española de Fútbol) que desde o pasado 16 de xullo viña celebrándose na vila. O auditorio acolleu o acto no que os participantes estiveron arroupados pola calor do público que encheu a sala e mesmo algunhas persoas tiveron que quedar de pé. A entrega de agasallos aos rapaces e intervencións, como a do alcalde, Pablo Moreda Gil, na que valorou a actividade deportiva como a mellor aposta cara á saúde, foron os principais contidos dunha celebración na que tamén estiveron presentes o xogador Joan Capdevila e representantes da Federación de Fútbol.