Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

Información para garantir a alimentación de colonias felinas

Desde a Dirección Xeral de Dereito dos Animais, alértase sobre o desprazamento de persoas para a alimentación de colonias felinas, rescate e coidado veterinario, durante o estado de alarma.

É unha cuestión de saúde pública garantir a alimentación dos animais domésticos que viven nas contornas urbanas; e esa alimentación ha de realizarse por persoas debidamente acreditadas polas entidades que teñan acordos cos Concellos para este fin.

No Concello de Cedeira xa foron emitidos ditos certificados a membros da Asociación polo Benestar Animal de Cedeira (ABAC).

Doazón de sangue en Cedeira (con cita previa)

O próximo xoves 2 de abril, de 16.00 h a 21.00 horas na parada de bus da Praza de Galicia, atoparase a unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos dispoñible para todos os veciños e veciñas que estean interesados en doar sangue ou informarse de como facelo.

As persoas que acudan a doar sangue teñen que pedir CITA PREVIA no teléfono gratuito 900100828

No desprazamento dos doantes de sangue ás unidades móbiles ou locais de doazón, poden amosar o SMS de confirmación de cita ou a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

  • Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos ( persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril dun só uso).
  • Non esquezas traer o teu DNI.
  • Non acudas sen almorzar e despois de xantar espera 2 horas.
  • Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.

Máis información:
Web: http://ados.sergas.es
Twitter: @doadoressangue
Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue