Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

Hoxe remata o prazo para apuntarse a Ruta de sendeirismo Camiñamos que terá lugar mañá día 9 de xullo

Dirixidas a adultos e nenos (menores de 7 anos acompañados dun adulto)
A rutas realizarase mañá xoves 9 de xullo en horario de 10:00 a 14:00h con saída e chegada o polideportivo.

As inscricións farase na oficina do polideportivo con cita previa:
☎️teléfono 981 482 633
📧Correo electrónico polideportivocedeira@gmail.com

As listas de participantes pecharanse hoxe mércores ás 20:00h.
Esta actividade é gratuita.

Xa está dispoñible o modelo de autoliquidación para o campamento urbano

O Concello de Cedeira pon a disposición da veciñanza o modelo de autoliquidación do prezo público para o campamento urbano de Cedeira.

Na seguinte ligazón pódese efectuarse a descarga do documento:

DESCARGA PDF Modelo de autoliquidación de precio público campamento urbano

Na seguinte ligazón pode consultarse tamén a ordenanza reguladora do prezo público para o campamento urbano, na que pode accederse aos importes ou tarifas de cada quenda:

DESCARGA PDF Ordenanza fiscal reguladora do prezo público para o campamento urbano

Ampliación do horario e o prazo de inscricións do campamento de verán

En data 25 de xuño, por Decreto número 321 desta alcaldía, se aprobaron as bases para a selección dos participantes no campamento urbano de Cedeira.

Resultando que o horario que figura nas devanditas bases maniféstase insuficiente para atender a finalidade última que persigue a organización do campamento que é a de facilitar a conciliación laboral coa vida persoal e familiar, considérase necesario corrixir as bases nese punto a fin de emendar o erro e ampliar o devandito horario orixinario, ampliando tamén o prazo de presentación de solicitudes e por tanto, a data de comezo do campamento.

Así mesmo substitúese, para o caso de que existan máis solicitudes presentadas dentro do prazo establecido que cumpran os requisitos que prazas vacantes, a preferencia en función da orde de presentación por rexistro polo sistema de sorteo, en aras de non prexudicar a aqueles interesados que presenten solicitude no prazo que se amplía como resultado da modificación do horario dos campamentos.

Por último, tendo en conta a sensibilidade que as administracións deben procurar ás situacións daquelas persoas máis necesitadas, introdúcese un novo cupo de reserva para aqueles menores que se atopen en situación ou risco de exclusión social ao entender que o campamento é unha solución de ocio alternativa moi beneficiosa para os menores que se atopen nunha situación destas características.

Para máis información pode descarga o decreto definitivo na seguinte ligazón:

Ver PDF Aprobación das bases do campamento de verán