Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

OBRADOIROS DE NÓS MARIÑEIROS

Froito da colaboración do Museo Mares de Cedeira e o colexio Nicolás del Río, estanse a celebrar Obradoiros de Nós Mariñeiros que comenzaron o luns 24 de maio e vánse prolongar ata ao xoves 3 de xuño.

Nesta actividade, os nenos e nenas deste colexio, dirixidos por membros da directiva de Mares de Cedeira estanse achegando a coñecer de xeito básico a cordelería e algúns nós dos que utilizan os mariñeiros na súa faena diaria.

Cada aún d@s aprendices sae do Museo levando un pequeno cadro de nós feito no Obradoiro.

O CONCELLO RENOVA A PINTURA DA BALAUSTRADA E DAS MARCAS VIAIS ENTRE A PONTE VELLA E A NOVA

O Concello de Cedeira contratou recentemente uns traballos de mantemento da pintura da balaustrada do paseo marítimo, entre a Ponte Vella e a Nova, así como das marcas viais de toda esa zona -prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida, limitacións de velocidade, pasos de peóns, etc-. A empresa Galaica Viaria vai executar estes traballos por un presuposto de 14.399€ (IVE incluído).

Trátase dunha actuación importante para a seguridade vial, xa que corrixe o deterioro da sinalización horizontal, e coa que tamén se vai repintar de branco a balaustrada que percorre todo este tramo da desembocadura do río Condomiñas, un dos lugares con máis encanto da vila cedeiresa que así se pon ao día cara á tempada de verán.

Biblioteca

Por outra banda, o goberno local aprobou un gasto de 4.918,65€ (IVE incluído) para a adquisición de catro librerías para a Biblioteca Municipal López Cortón. O equipamento é preciso para substituír as anteriores, que están deterioradas, e vén completar un proceso de renovación do mobiliario máis antigo do inmoble que comezou a finais do pasado ano, cando o Concello investiu uns 8.000 euros para cambiar as mesas e as cadeiras da sala vella, así como o chan, que estaba afectado pola couza.

As novas librerías teñen estrutura de madeira de castiñeiro e andeis en rechapado hidrófugo de castiñeiro e van destinadas tanto á pranta baixa como ao primeiro e segundo piso da biblioteca.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR 2021

Na actualidade, a DXT é o organismo encargado de expedir os permisos de conducir no territorio español. Os aspirantes a condutores demostran nun exame teórico e outro práctico os seus coñecemento das normas de circulación e as súas habilidades ao volante. Só se son aptos en ambas as probas obterán dita licenza.

Tanto o contido do código, como a súa avaliación cambiaron ao longo da historia do organismo. Para facilitar a aprendizaxe, as autoescolas organizaron a información en 12 temas. Para preparar o exame teórico, os aspirantes poderán consultar os manuais clásicos de circulación, ademais de material on- line para repasar o aprendido. Unha vez superada a proba teórica poderán presentarse ao práctico.

Para poder realizar devanditos exames, débese realizar unha solicitude previa. Na seguinte ligazón atopará os procedementos para seguir ademais das medidas de seguridade fronte ao COVID-19: https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/