Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

Axudas a explotacións de hortas

AXUDAS A EXPLOTACIÓNS DE HORTAS

O luns 6 de agosto de 2018 vense de publicar no DOGA nº 149 a nova orde de axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en producción vexetal.

Beneficiarios destas axudas: os titulares de explotacións agrarias cas seguintes orientacións:

1.-Horticultura ao aire libre: hortalizas, flores e plantas ornamentais e os cultivos mixtos.
2.-Horticultura en invernadoiro: hortalizas, flores e plantas ornamentais e os cultivos mixtos.
3.-Horticultura e cultivos diversos: setas, champiñóns e outros fungos, viveiros vitícolas, viveiros de árbores e arbustos froiteiros e viveiros de planta ornamental.
4.-Cultivos leñosos: froiteiras(agás castaños e nogais) e oliveiral.
5.-Sementes e plántulas de hortalizas.
6.-Patacas.

Requisitos:

  • Ser titular de explotación nalgunha das orientacións anteriores e ter ingresos agrarios, agás aquelas que aínda non entraron en fase de produción.
  • Solicitude normalizada e rexistrada telemáticamente en tódolos casos.

Presentación de solicitudes: ata o 6 de setembro.

Quen presentase unha solicitude de Plans de Mellora póde presentarse novamente a esta axuda, pero si é polos mesmos conceptos de inversión, deberá renunciar a unha delas cando se dicten as resolucións respectivas.

Nas seguintes ligazóns, pode consultarse a publicación íntegra do DOGA, e a información dispoñible na web da Consellería:

IR Á LIGAZÓN Bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal

IR Á LIGAZÓN Información dispoñible na web da Consellería de medio Rural

Desde a Consellería de Medio Rural, infórmase de que no caso de estar interesado nesta axuda, se solicite información ao técnico dos servizos agrarios da oficina agraria comarcal da zona.

O ISSGA informa das medidas preventivas respecto da velutina en traballos forestais

O ISSGA INFORMA DAS MEDIDAS PREVENTIVAS RESPECTO DA VELUTINA EN TRABALLOS FORESTAIS

Desde a Concellería de Medio Ambiente de Cedeira lémbrase a necesidade de adoptar medidas preventivas para evitar incidencias coa avespa asiática (Vespa velutina).

A xestión da biomasa e os traballos de silvicultura no monte son máis frecuentes no período estival e resultan imprescindibles para o control dos incendios forestais. Debido á presenza de niños de Vespa velutina, estas actuacións deben realizarse coas necesarias medidas de seguridade.

Neste senso, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) desenvolve unha campaña informativa indicando as recomendacións de seguridade para a realización dos traballos forestais. A base da prevención é a planificación dos labores, que debe comezar cun recoñecemento exhaustivo da parcela tendo en conta que os niños están frecuentemente ocultos entre a maleza.

Para saber como actuar no caso de atopar un niño de velutina ou sufrir un ataque, pódese consultar a seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Descargar recomendacións preventivas coa velutina (ISSGA)

Carta de Camilo Casal, Concelleiro de Medio Ambiente

CARTA DE CAMILO CASAL, CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE

O pasado luns, 6 de agosto, a iso das oito da tardiña, membros do colectivo ARCE (Asociación para a defensa dos ríos de Cedeira), entre os que se atopaba o concelleiro de Medio Ambiente, paseando pola beira do río desde a ponte da Acea, augas arriba – que, por certo se está limpando de novo e posibilitando o seu disfrute – detectaron de súpeto que a auga transparente e cristalina deixaba de selo para adquirir unha tonalidade parduzca máis que sospeitosa. Seguindo o seo rastro chegaron ata onde desemboca o emisario da EDAR que vomitaba un caudal enorme, moi superior ao habitual, de un líquido parduzco, con abundante escuma e un olor nauseabundo que tiña toda a pinta de levar en suspensión materia fecal.

Fixeron fotos e un vídeo, chamaron á policía local para que dera fe, e esta contactou con Viaqua e coa empresa que a xestiona, dependente de Augas de Galicia. Máis de 12 horas despois seguía o verquido de miles e miles de litros que remataron inevitablemente na praia, en pleno mes de agosto e ateigada de bañistas. Desde o concello contactouse a media mañá con Augas de Galicia que se excusou dicindo que fora un episodio puntual e que o que se detectou son lodos. Aínda sendo así, ao goberno local non lle parece a opción máis axeitada, que pasa, sen dúbida, por levalos a un xestor autorizado.

Pero tan puntual non debe de ser este incidente porque o martes, só un día despois , unha persoa plenamente identificada e que non ten inconveniente que se saiba publicamente quen é, mandounos un vídeo que xa se puxo nas redes sociais correspondente ao pasado 26 de xullo, ás 12 horas. Idéntico ao anterior, case un calco. E no concello non recibimos ningunha comunicación tampouco.

Demandamos a Augas de Galicia información transparente, áxil e veraz, para poder informar á cidadanía. A saúde pública e o medio ambiente son valores innegociables.