Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

A praia da Madalena xa forma parte da rede Galega de praias sen fume

A PRAIA DA MADALENA XA FORMA PARTE DA REDE GALEGA DE PRAIAS SEN FUME

O Concello de Cedeira incorpórase á Rede Galega de Praias sen Fume ao sumar a praia da Madalena á iniciativa da Xunta de Galicia para combater o tabaquismo.

O programa da Consellería de Sanidade ten unha finalidade educativa, de impulso á saúde e de protección do medio ambiente. A idea, que xorde en 2012 no Concello de Baiona, vai agregando anualmente novas zonas e chega xa á cifra de 141 praias de 64 municipios en 2019.

Se ben o cumprimento desta restrición é totalmente voluntario, desde o Concello animamos á cidadanía a respectar a medida porque é responsabilidade de todos e todas contribuír a desnormalizar o consumo de tabaco na sociedade, favorecer comportamentos saudables nas persoas máis novas e fomentar un modelo de praia que respecte e coide o medio ambiente.

Por que a praia da Madalena libre de tabaco? O fume do tabaco ten substancias tóxicas que son liberadas ao aire que respiramos, incluíndo monóxido de carbono e dióxido de carbono que contribúen ao efecto invernadoiro. Ao problema de contaminación do aire engádese que o filtro dun cigarro está formado nun 80% de acetato de celulosa, que pode tardar ata 25 anos en degradarse. De feito, os cigarros e cabichas son a principal causa de lixo en océanos e praias de todo o mundo. Estes refugallos, ao entrar en contacto coa auga, liberan rapidamente compostos tóxicos con efectos negativos sobre a vida do mar.

FAGÁMOLO ENTRE TODAS E TODOS!

 

Pode consultar toda a información ao respecto nas seguintes ligazóns:

Descarga PDF Folleto de praia sen fume

Descarga PDF Rede de praias sen fume 2019

Rede_Praias_Sen_Fume_2019 folleto_praias_sen_fume

Cedeira mellora a calidade das augas das zonas de baño para a temporada 2019

CEDEIRA MELLORA A CALIDADE DAS AUGAS DAS ZONAS DE BAÑO PARA A TEMPORADA 2019

O Concello de Cedeira vén de recibir a notificación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sobre a clasificación sanitaria das augas de baño nas praias da Madalena e Arealonga que será vixente para esta temporada. En ámbolos dous casos, a valoración é moi satisfactoria ao mellorar a calificación a BOA no primeiro dos areais e pasando a EXCELENTE o segundo.

A praia de Arealonga, acada este ano 2019 a mellor das clasificacións posibles cun nivel sanitario de `Excelente´ o que representa un importante avance fronte os últimos 3 anos que só obtivo a clasificación de boa.

Máis significativo e o resultado acadado para a praia de A Magdalena. Despois de case 10 anos con clasificacións sanitarias de suficiente, ou incluso insuficiente nas temporadas 2011, 2012 e 2014 os controis analíticos para este ano 2019 reflicten unha mellora na calidade de augas optendo unha clasificación sanitaria final para toda a temporada de `Boa‘.

A clasificación sanitaria é o resultado do último período de avaliación, que recolle os controis analíticos das tres últimas temporadas de baño e a temporada de baño considerada. O sistema de vixiancia sanitaria continúa durante todo o verán mediante a recollida de mostras cunha periocidade aproximadamente quincenal.

Son moitos os factores que inflúen na calidade das augas de baño, pero sen dúbida, os esforzos realizados desde o Concello para mellorar o sistema de sanemento municipal non caen en saco roto.

A Deputación dá un empuxe ao Xeoparque do Cabo Ortegal

A DEPUTACIÓN DÁ UN EMPUXE AO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL

As primeiras xornadas formativas e informativas do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal arrincan esta tarde en Cariño. Asier Hilario, director científico do Geoparque da Costa Vasca e avaliador da UNESCO, falará destes espazos «como os destinos máis innovadores do turismo sostible», ás 16.30 horas na Casa dá Cultura. Despois intervirán Francisco Canosa, doutor en xeoloxía, e Ignacio Fernández, técnico de desenvolvemento local de San Sadurniño. As actividades, coordinadas pola área de Turismo da Deputación, seguirán todo o fin de semana nos sete municipios implicados.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN A Deputación dá un empuxe ao Xeoparque do Cabo Ortegal