Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

O Concello de cedeira promove a colaboración da veciñanza para poñer freo ao cambio climático no ámbito local

O CONCELLO DE CEDEIRA PROMOVE A COLABORACIÓN DA VECIÑANZA PARA POÑER FREO AO CAMBIO CLIMÁTICO NO ÁMBITO LOCAL

“Loita por un espazo máis sostible” é o lema do foro de participación cidadá que o Concello de Cedeira organiza para mañá martes coa fin de contar coa opinión da veciñanza “para configurar e construír o territorio sustentable que queremos”. O salón de plenos acollerá una convocatoria, que dará comezo ás oito da tarde.

O Concello participa, xunto a outros de Galicia, da estratexia europea que promove a colaboración das administracións para a aplicación de propostas que poñan freo o cambio climático.

No marco deste compromiso, o goberno cedeirés xa traballa na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio respectuoso co medio ambiente. Tres bos exemplos son a iluminación de paso de peóns a base de leds, a instalacións de estufas de pellets nos locais sociais e a recollida de aceite doméstico usado. Fomentar a mobilidade urbana sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana-rural tamén forman parte das premisas medioambientais do goberno cedeirés.

Ademais do foro previsto para mañá, o Concello puxo en marcha un buzón de suxestións a través do cal os veciños poden enviar achegas sobre que melloras se poderían facer neste ámbito. Esta iniciativa estará dispoñible ata o 2 de novembro na páxina web da administración local.

Costas reanuda las obras en la duna de la playa que había paralizado el Concello

COSTAS REANUDA LAS OBRAS EN LA DUNA DE LA PLAYA QUE HABÍA PARALIZADO EL CONCELLO

Imagen:JOSÉ PARDO

Costas ha reanudado las obras en la duna de la playa de A Magdalena, que el Concello paralizó el martes por carecer de un compromiso firme por parte de este departamento para realizar un estudio de impacto ambiental completo, de toda la ría, hasta el arenal de Vilarrube. «Mandáronnos un escrito no que se comprometen a facer este estudo, integral, cando haxa medios, e decidimos deixar que seguiran cos traballos», explica el concejal de Medio Ambiente.

Camilo Casal (Anova) reconoce, no obstante, que Costas no establece plazos para llevar a cabo este estudio. «O que di no escrito é que o levará a cabo cando haxa recursos; entendemos que un traballo deste tipo, que debe ser feito por técnicos independentes, ten un custe económico alto», señala. Se trata de una exigencia tanto del gobierno local, formado por PSOE, BNG y Anova, como de la Plataforma pola Defensa da Ría de Cedeira, que integran estas tres formaciones, EU, la cofradía de pescadores y los colectivos Adega, Somos Cedeira y Mares de Cedeira.

La intervención de Costas comenzó con la limpieza de los riachuelos de A Revolta y San Isidro. Este último «estaba pechado, cuberto de xebra e xa empezaba a ulir; quedouse en darlle máis desnivel porque se non corre a auga e tapónase moi rápido». Desde la tarde del martes, cuando el Concello dio el visto bueno para poder meter las máquinas en la duna, «estana rebaixando, un metro e medio, para cubrir a empalizada de madeira, que tamén se está poñendo dereita», comenta Casal. Con estos trabajos pretenden estabilizar el perfil de la duna «deixándoo a uns vinte graos, cunha caída; esa inclinación é necesaria para que o mar suba e baixe sen danala».

Sin solución definitiva

El responsable municipal de Medio Ambiente indica, además, que «Costas vai replantar a duna (…); a ver ata cando dura». Los temporales de mar llevan años erosionando el arenal de A Magdalena, sin que hasta el momento se haya encontrado una solución definitiva para este problema. El actual ejecutivo y la Plataforma pola Defensa da Ría tienen claro que «só se poderá intervir se antes se fai un estudo de impacto medioambiental serio e completo, que determine as obras a executar e os seus efectos».

Noticia: La voz de Galicia

CEDEIRA / LA VOZ 21/10/2016 05:00

Cedeira retirará hoxe os sete últimos niós de vespas velutina

CEDEIRA RETIRARÁ HOXE OS SETE ÚLTIMOS NIÑOS DE VESPA VELUTINA QUE QUEDAN NO MUNICIPIO

O Concello de Cedeira vén de firmar un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural polo que esta cede á administración local unha pértiga telescópica para o envenenamento e destrución dos niños de vespas velutinas, tamén chamadas asasinas o asiáticas.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, que acudiu o mércores ao acto que tivo lugar en Santiago, reco- ñeceu que, se ben foron moitos máis, aínda existen alomenos sete niños de velutina que ameazan as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e minguando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

Personal de Protección Civil, xunto ao edil de Obras, Manuel Riola, levan retirados un total de 73 niños no último mes. Houbo días nos que se levaron a cabo ata unha ducia de traballos. Os sete niños que aínda existen desaparecerán definitivamente ao longo de mañá vernes, tal e como se asegura dende o Concello.

O sistema, que xa se viña probando dende hai algunhas xornadas, consiste nun mastro -que pode ser máis corto ou longo en función das necesidades- a través do cal se poden inxectar sustancias nocivas para as vespas, incluída a raíña. O trebello tamén ten unha folla cortante que serve para desprender o niño da árbore.

O alcalde recorda aos veciños que teñen que deixar aviso no 112 cando detecten a presenza dun niño de vespa velutina e agradece á Xunta, ao Concello de Ortigueira -o primeiro da zona en dispoñer da pértiga-, aos apicultores de Cedeira, aos voluntarios de Protección Civil e a Manuel Riola a súa axuda para frear a ameaza que representa a velutina nun municipio con tanta masa forestal como o cedeirés.