Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

O taller de memoria e as clases de ximnasia terapéutica comezan o próximo luns, día 18 de setembro

O TALLER DE MEMORIA E AS CLASES DE XIMNASIA TERAPÉUTICA COMEZAN O PRÓXIMO LUNS, DÍA 18 DE SETEMBRO

Máis dun cento de persoas tomaron parte o ano pasado no obradoiro de memoria organizado polo Concello de Cedeira, unha actividade que se pon de novo en marcha a partir do luns 18. As clases de ximnasia terapeútica tamén comezan nesa xornada.

As actividades regresan co espíritu itinerante co que xa naceron. Así, ademais de ofrecerse na vila, o programa impartirase en Cervo, Montoxo e Esteiro. Nesta última parroquia haberá clases tanto no local de Saa como no de Sidalde.

O taller de memoria será os luns e venres na biblioteca do auditorio, entre as 16.00 e as 19.00 da tarde. Haberá dúas quendas, de 16.00 a 17.30 horas e de 17.30 a 19.00 horas. Tanto en Cervo como en Montoxo a actividade impartirase os martes e xoves, aínda que en distintos horarios. Na primeira parroquia será ás 18.30 horas, mentras que na segunda arrincará ás 17.15 horas. No caso de Esteiro, no local de Saa as clases serán os mércores e xoves -ás 16.00 horas- e no de Sisalserán os martes e mércores, ás 16.00 e 17.15 horas, respectivamente.

En canto ao programa de ximnasia terapéutica será sempre os mércores. En Montoxo, a convocatoria dará comezo ás 9.30 horas; en Cervo, ás 10.45, e en Cedeira, a partir das 12.50 horas.

As clases de zumba, que tamén forman parte do programa de envellecemento activo promovido desde a Concellería de Xuventude, Ensino e Igualdade de Cedeira, deron comezo o día 4 de setembro. Son os luns, martes e xoves, ás once da mañá na sala Áncora.

Escolas Deportivas Municipais
Ata o día 18 de setembro estará abierto o prazo de matrícula para tomar parte nas escolas deportivas municipais do Concello de Cedeira. As prazas cubriranse por riguroso orde de preinscrición.

Este ano o programa infantil inclúe educación física de base, ximnasia rítmica, tenis de mesa, natación para bebés, patinaxe, bádminton, mini-basket, fútbol sala e natación. Para os adultos haberá natación, bádminton, mantemento, pilates, baile moderno, aquagym, saúde na auga, natación para embarazadas e aquaerobic. O horario definitivo conocerase o día 6 de outubro e as clases darán comezo o 8 dese mesmo mes.

Cedeira convoca as axudas públicas para fomentar a cultura e promocionar o deporte a través das entidades locais

CEDEIRA CONVOCA AS AXUDAS PÚBLICAS PARA FOMENTAR A CULTURA E PROMOCIONAR O DEPORTE A TRAVÉS DAS ENTIDADES LOCAIS

O curso escolar arrinca en Cedeira coa apertura do plazo de presentación de solicitudes para ter acceso ás subvencións concedidas polo Concello para fomentar a cultura e o deporte a través das iniciativas levadas a cabo polas entidades locais, así como para a mellora das instalacións e a compra de bens inventariados con aportacións económicas sempre que o importe da axuda solicitada sexa superior aos 100 euros.

As convocatorias fixéronse públicas hoxe coa publicación das catro resolucións no Boletín Oficial da Provincia, polo que desde o equipo de goberno se anima ás asociacións a consultar canto antes as disposicións para acceder ás devanditas axudas.

A partir de agora ábrese un prazo de 15 días para a presentación de solicitudes. As instancias hainas que presentar na sede electrónica del Concello. O goberno local reserva unha partida de 48.000 euros para apoiar por esta vía a cultura e promocionar o deporte no ámbito local, coa concesión de axudas que poden chegar a representar ata un 70% da cantidade necesaria para levar a cabo unha determinada actividade. No caso das subvencións culturais, establécese unha aportación máxima de 1.500 euros por cada beneficario.

Pode consultar toda a información sobre as subvencións municipais na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Subvencións municipais

Aberto o prazo de preinscrición nas escolas deportivas municipais

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

O Concello vén de abrir o prazo de presincrición nas escolas deportivas municipais ata o día 19 de setembro.

As actividades ofertadas inicialmente este ano son:

  • Para Nen@s: Educación física de base, ximnasia rítmica (inicio pendente de confirmación), tenis de mesa, natación para bebés, patinaxe, bádminton, mini-basket, fútbol sala, natación.
  • Para adult@s: Natación, bádminton, mantemento, pilates, baile moderno, aquagym, saúde na auga, natación para embarazadas, aquaerobic.