Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

Horarios partidos. Club de fútbol Cedeira SD (fin de semana)

HORARIOS PARTIDOS. CLUB DE FÚTBOL CEDEIRA SD (FIN DE SEMANA)

Aficionados
Cedeira-Marino Domingo 16:15 h

Xuvenís
Cedeira-Amistade Meirás Venres 19:00 h

Cadetes
Cedeira -Amistade Meirás B sábado 16:30 h

Infantís
Cedeira-CD Narón Sabado 11:00 h

Alevín A
CD Narón-Cedeira Venres 18:10:00 h

Alevín B
Cedeira-R . Ferrol B Sábado 10:00 h

Benxamín
Animas -Cedeira Venres 18:05 h

Prebenxamín
Cedeira -Narón Freixo Venres 17:00h

Feminino
R. Ferrol-Cedeira Domingo 11:00h

Veteráns
Cedeira-Relámpago Domingo 11:00h

O equipo de remo de veteranos gaña o campionato de España na modalidade de IOLA

O EQUIPO DE REMO DE VETERANOS GAÑA O CAMPIONATO DE ESPAÑA NA MODALIDADE DE IOLA, EN GANDÍA

O equipo de remo de veteranos na modalidade de iola de Cedeira é o actual campión de España, un título que se disputou a pasada fin de semana en augas de Gandía. Un total de sete equipos -a comarca de Ferrol estivo representada por remeiros dos clubes cedeirés e de San Felipe- tomaron parte nunha competición na que a embarcación patroneada por Iñaki Puñal López foi moi superior ás de Valencia, Andalucía, Navarra ou Cataluña. Damián Rodríguez Garrote, Eduardo e Angel González Villanovo e José Manuel Piñeiro son os catro remeiros dunha tripulación que en pasadas edicións xa tiña acariciado o podio con varias medallas conseguidas de prata e bronce. Agora o equipo chega ao máis alto despois de ter participado ata en once ocasións no campionato de España para veteranos.

A piscina acapara unha gran parte da actividade deportiva dos cedeireses

A PISCINA ACAPARA UNHA GRAN PARTE DA ACTIVIDADE DEPORTIVA DOS CEDEIRESES

Unha tempada máis, a piscina municipal de Cedeira acapara unha gran parte da actividade deportiva que os cedeireses realizarán ao longo de todo o ano. Os números así o reflicten. Son os que se refiren á ocupación dunha instalación que a partir de agora abrirá ao público entre as 8.30 e as 22.15 horas de luns a domingo, excepto as tardes dominicais nas que permañece pechada. Durante os próximos meses un total de 260 alumnos das escolas de natación -entre adultos e infantís-, 325 abonados de piscina libre e máis de 300 deportistas das escolas de bádminton, rítmica, patinaxe e fútbol, entre outras, compartirán unhas instalacións que tamén reciben visitas semanais de usuarios de entidades sociais como Alcer, Apader e Sobre Rodas.

A actividade na piscina arrancou hai uns días tras a aprobación definitiva da tabla de horarios que estará operativa ao longo da presente tempada. Nela ponse de manifesto que o de abonados é o colectivo que ten unha maior presenza, xa que poden facer uso das instalacións os sete días da semana, incluído o domingo. El club de natación da localidade entrénase de luns a venres entre as 15.00 e 17.00 horas. As clases de natación para adultos son os luns, mércores e venres, en horario de mañá. Ademais tamén están as actividades de aquagym, as que teñen como protagonistas aos bebés e as que está pensadas para nais xestantes.

Pode consultar toda a información sobre as actividades despotivas na piscina municipal na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Actividades deportivas municipais