Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

Plan para a transición: guía da Fase 1

O Ministerio de Sanidade elaborou un Plan para a transición á nova normalidade, para aquelas unidades territoriais que pasan hoxe luns, 11 de maio, a Fase 1 .

Na guía poden encontrarse os apartados diferenciados sobre medidas establecidas, medidas sociais, comercio e prestación de servizos, hostalería e restauración, educación,servizos sociais, cultura e deporte, establecementos turísticos e hoteis , medidas de hixiene dos establecementos e un mapa dos territorios en Fase 1.

Máis información na seguinte ligazón

Descarga Plan para a transición: guía da Fase 1

O BOE publica o protocolo de volta á actividade do deporte profesional e federativo

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións deportivas federadas e profesionais, no que, ademais de detallarse as catro fases da desescalada, recoméndase ao Goberno que leve a cabo un estudo científico sobre os efectos da actual pandemia e das medidas de confinamento nos deportistas de alto nivel.

O protocolo elaborado polo Consello Superior de Deportes (CSD), establece que a continuación da actividade deportiva farase en catro fases que conducirán aos deportistas federados, profesionais e de alto nivel ata a competición.

Para máis información:

Descarga Resolución do 4 de maio de 2020, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se aproba e publica o Protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións federadas e profesionais.

Condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos

O BOE ven de publicar as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado

Descarga BOE Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado.