Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

Cedeira abriu hoxe as pistas de pádel e tenis, o campo de fútbol, o polideportivo e a piscina

O Concello de Cedeira informa da apertura, a partir de hoxe, das pistas de pádel e tenis, o campo de fútbol, o pavillón polideportivo e a piscina municipal, está última exclusivamente para uso deportivo.

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, entende que a actividade deportiva tamén debe formar parte “da nova normalidade” e destaca os labores de limpeza e desinfección acometidos previamente no conxunto das instalacións, así como as medidas hixiénicas e de prevención ás que están suxeitos tanto o persoal laboral como os usuarios. Máscaras, xel hidroalcohólico e luvas xa están a formar parte do protocolo de seguridade.

Aínda así, o rexedor municipal pide a “máxima responsabilidade por parte de todos” e recorda que existen certas normas como son a cita previa (teléfono 981 482 633) para controlar a capacidade, o cumprimento estrito dos horarios e a prohibición do uso dos vestiarios para evitar posibles contactos. Todas estas cuestións están recollidas nos carteis informativos que o Concello colocou nas instalacións deportivas, que serán sometidas así mesmo a tarefas diarias de limpeza e ventilación seguindo as medidas de seguridade sanitaria e instrucións establecidas nas ordes ministeriais correspondentes.

O horario de apertura ao público do pavillón polideportivo será de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 e sábados de 9.00 a 14.00 horas. O uso das pistas de pádel, tenis e campo de fútbol debará facerse dentro das quendas horarias preestablecidas, que se prolongan ao longo de toda a xornada, de 9.00 a 13.55 e entre as 16.00 e as 22.00 horas. Pola súa banda, as salas de cardio e ximnasio tamén funcionarán mediante o sistema de cita previa e quendas, e mentres que a capacidade para as clases de ximnasia de mantemento e pilates é dun 30% (30 persoas), para a sala de musculación permítese un máximo de 5 persoas por quenda e de 4 no caso da sala de cardio.

A piscina municipal estará operativa en horario de 9.00 a 13.45 e de 16.00 a 21.45. Só está permitido un nadador por rúa por quenda e a zona de duchas permanecerá cerrada, aínda que se poderán usar os vestiarios.

Descarga PDF protocolo de actuación frente á covid-19 en instalacións deportivas

Apertura Polideportivo Municipal

O próximo luns, 1 de xuño, reabrirase o polideportivo municipal, despois do desenvolvemento do protocolo adaptado as normas actuais.

As actividades permitidas para esta apertura son tenis, pádel, badminton, exercicios na sala de cardio, ximnasio, e piscina en baño libre. Estas actividades serán sen monitor e sempre con material propio do usuario/a (raquetas, pelotas, volantes…). Permitiranse tamén os adestramentos individuais no campo de fútbol e na pista exterior de fútbol sala.

Os horarios de uso libre son:
De luns a venres de 9.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 22.00 h. e os sábados de 9.00 a 14.00 h.
Ademáis comezaremos coas actividades con monitor de ximnasia de mantemento e pilates.

Os horarios destas actividades son:
Ximnasia de mantemento, de luns a venres de 9.00 a 10.00 h. e de 18.45 a 19.45 h.
Pilates, martes e xoves de 10.15 a 11.15 h. e luns, mércores e venres de 20.00 h. a 20.45 h.

Tanto as actividades con monitor como as de libre acceso requiren unha inscrición previa, que se realizará a través do número de teléfono 981 482 633 en horario de 10.00 a 14.00 h.

O Goberno publica a orde que fai obrigatorio o uso de máscaras en espazos públicos se non se pode manter a distancia de seguridade

Orden SND/422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de mascarilla durante situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Mediante a presente orde disponse, con carácter xeral, o uso obrigatorio de máscaras en persoas de seis anos en diante na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre tres e cinco anos.

Son excepcións a esta obrigación aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada pola utilización da máscara e aquelas que teñan contraindicado o seu uso por motivos de saúde ou discapacidade.
Así mesmo, o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompatibles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que exista unha causa de forza maior ou situación de necesidade.

O previsto nesta orde debe entenderse sen prexuízo da necesidade de seguir cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias relativas ao mantemento da distancia interpersoal, a hixiene de mans e resto de medidas de prevención..

Máis información na seguinte ligazón:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-5142