Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA HOXE ÁS 20.30H POLA PLATAFORMA VECIÑAL SOS IES PUNTA CANDIEIRA

A plataforma veciñal SOS IES Punta Candieira convocamos para hoxe luns día 5 de setembro ás 20:30 do serán á veciñanza á unha manifestación.
Concentrarémonos diante da porta do centro con antelación; e partiremos en manifestación desde o IES camiñando até o centro da vila.
Animamos a levar a nosa indumentaria: roupa negra e cartel contra os recortes.

Desta volta queremos que se nos escoite máis ainda, por iso levemos cazolas, culleres tixolas, ferradas ou mesmo silbatos. Fagamos ruido e corramos a voz para animar aos nosos achegados. Debemos dar un paso máis.

Moito ánimo. E forza a todas e a todos.
Vémonos hoxe

A ASOCIACIÓN A CRINA CELEBRA MAÑÁ UNHA NOVA EDICIÓN DA SÚA “XUNTANZA E RUTA CABALAR”

Un cento de xinetes procedentes de asociacións equinas de toda Galicia daranse cita mañá sábado en Cedeira para participar nunha nova edición da “Xuntanza e ruta cabalar” que organiza a entidade local A Crina. O programa incluirá, como é tradicional neste evento que leva desenvolvéndose desde hai case dúas décadas, un paseo a cabalo pola Serra da Capelada, unha comida de confraternización e probas de andadura galega. O Concello de Cedeira colabora de novo este ano coa organización.

Os xinetes reuniranse a partir das 09.30 horas no polígono industrial da Trabe e desde alí iniciarán unha ruta pola Capelada. A medio camiño, segundo informa o presidente da Crina, Ismael Durán, farase unha parada e ofrecerase ás persoas participantes uns petiscos. De regreso ao polígono, a organización dispuxo unha carpa baixo a que se servirá unha comida a base de paella e churrasco. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, haberá probas de andadura galega.

A asociación ecuestre A Crina agrupa a unhas 80 persoas, afeccionadas ao mundo equino, tanto do municipio de Cedeira como da súa contorna.

O ESCOLAR DE SISALDE ACOLLE ESTE SÁBADO A PRIMEIRA CITA DUN NOVO CICLO “CANTOS E CONTOS AO SOLPOR”

O Concello de Cedeira abre este sábado, día 3 de setembro, unha nova edición do programa cultural “Cantos e contos ao solpor”, un ciclo que viaxa polas diferentes parroquias e que é xa todo un clásico na localidade para pasar páxina do verán e recibir o outono da man do teatro, a música e as historias populares. A Asociación Galega de Regueifeiros protagonizará a primeira sesión, que terá lugar no escolar de Sisalde, na parroquia de Esteiro, ás 20.00 horas.

O ciclo terá continuidade os días 10 en Santalla, co espectáculo “Ben Querer(se); o día 17 de setembro en San Román, ”coa actuación do contacontos Celso Sanmartín, e o 24, cunha última función que terá lugar na praza do Concello e que leva por título “Con area cousas conto”.

“Dido e Eneas”

Por outra banda, cómpre recordar que tamén mañá sábado o Auditorio de Cedeira acolle tamén o sábado as dúas funcións da estrea da peza lírica “Dido e Eneas”, produción saída da primeira edición da Ópera Studio. Serán ás 18.00 e as 21.30 horas, e o Concello vén de habilitar uns formularios para que as persoas interesadas en asistir poidan facer a reserva da entrada en liña e de xeito gratuíto.

Reserva de entradas para as 18.00h:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd2cSG2WQykWLYqU_gqiKEHe7VVeCgKNVQ7W3qsTFBDR9h5_g/viewform?usp=sf_link
Reserva de entradas para as 21.30h:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeFUxfCwrRX2i0rj0XNV-uA7LeC-ZwHidKA8Dfr7qa8Ax0DzA/viewform