Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

Probas fotográficas proxecto “Cultura Musical de Cedeira”

PROBAS FOTOGRÁFICAS PROXECTO “CULTURA MUSICAL DE CEDEIRA”

En distintos puntos da Vila de Cedeira poden observarse un conxunto de probas fotográficas pertencentes a un proxecto en fase de desenvolvemento sobre a cultura musical de Cedeira, da man de Darío J. López e Luis Losada.
Aínda queda moito traballo por facer, pero mentras os autores expoñen un adianto nos escaparates de:
  • Antiga oficina de turismo (escaparate no Paseo da Mariña).
  • Academia de Inglés (soportais na praza Roxa).
  • Café Bar Mástil.
  • Antiga Mercería Mari (Rúa Rosalía de Castro, 7).

A Escola de Música Vila de Cedeira busca profesor/a para o curso 2018/2019

A ESCOLA DE MÚSICA VILA DE CEDEIRA BUSCA PROFESOR/A PARA O CURSO 2018/2019

A Escola de Música Vila de Cedeira busca profesor/a de Música e Movemento para o curso 2018/2019.

Para optar ó posto será requisito indispensable ser mestre (especialidade educación música) e/ou ter o título profesional de música en calquera especialidade instrumental. Valorarase tamén posuir o título superior de música.

Os interesados deberán enviar o curriculum a escolaviladecedeira@gmail.com antes do 26 de agosto de 2018.

Aviso de cambio do Certame de bandas “Vila de Cedeira”

AVISO DE CAMBIO DO CERTAME DE BANDAS “VILA DE CEDEIRA”

Hoxe domingo día 12, debido ás condicións meteorolóxicas, o certame de bandas “Vila de Cedeira” trasladarase finalmente para o Auditorio Municipal, e dará comezo ás 19.00 horas.