Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

Cedeira acolle este mes o ciclo de teatro afeccionado, que arrinca o próximo sábado

CEDEIRA ACOLLE ESTE MES O CICLO DE TEATRO AFECCIONADO, QUE ARRINCA O PRÓXIMO SÁBADO

O Concello de Cedeira manifesta a súa vinculación co mundo da escena colaborando na organización do Ciclo de Teatro Afeccionado que do día 6 ao 27 deste mes terá lugar no auditorio da localidade. O grupo Teatro da Vila está ao fronte da convocatoria.

A programación arrincará este sábado coa actuación do grupo da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña (Narón). Porá en escena, a partir das 20.00 horas, a obra “Reinserción”. O prezo da entrada é de dous euros por persoa.

A seguinte cita será o día 12, xornada na que o grupo convocante, Teatro da Vila, representará, ás 20.00 horas, a obra “As cores do Tempo”. Neste caso, o acceso é de balde.

O grupo Teatro Semente (Neda) participará o día 20 no ciclo de teatro afeccionado coa obra “HTC (Hoxe toca rir), unha función que dará comezo ás 20.00 horas e terá un custo de 2 euros.

Coa representación da obra “Terapia de bar”, que correrá a cargo do grupo O Aturuxo de Melpómene (Narón), concluirá este encontro co mundo da escena. Será o último sábado de outubro, día 27, ás 20.00 horas. A entrada terá un custo de dous euros por persoa.

O concello oferta durante este mes de outubro dous obradoiros gratuítos, un de produción audiovisual e outro de guión

O CONCELLO OFERTA DURANTE ESTE MES DE OUTUBRO DOUS OBRADOIROS GRATUÍTOS, UN DE PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL E OUTRO DE GUIÓN

Os obradoiros son orientados á mocidade (maiores de 13 anos). Grupos de 15 persoas como máximo.

Estos obradoiros chegan da man do Samain.

Logo da boa acollida que tivo o ano pasado o concurso de curtas, desde o concello tentamos achegar o audiovisual á mocidade e axudarlle a entendelo e procesalo, proporcionándolle as ferramentas necesarias para desenvolver unha produción audiovisual, pequena ou grande, cos medios cos que contemos e facilitando recursos teóricos e prácticos para realizar proxectos audiovisuais.

O Concello de Cedeira favorece o coñecemento da Lingua Galega

O CONCELLO DE CEDEIRA FAVORECE O COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira ofrece cursos gratuítos preparatorios para as probas do CELGA 2 e 4.

O CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Estrutúrase en cinco niveis e permite acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego para xustificar méritos ou cumprir requisitos laborais e académicos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar unha convocatoria extraordinaria de probas para a obtención dos CELGA 2 e 4. Realizaranse en Santiago de Compostela entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro (as datas concretas serán debidamente publicadas no DOG). O prazo de inscrición comezou o día 15 de setembro e remata o 4 de outubro.

Por mor deste anuncio, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira vai ofrecer cursos preparatorios para a obtención destes certificados de competencia en lingua galega. As persoas interesadas en recibir esta formación deben escribir ao seguinte enderezo electrónico: normalizacion@cedeira.es .