Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COVID-19

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana facilita a substitución das tripulacións en buques de pesca e de mercadorías

Unha Orde publicada onte no Boletín Oficial do Estado (BOE) establece a documentación coa que poderán acreditar a súa condición os tripulantes dos buques para facilitar a súa circulación, a fin de asegurar a prestación dos servizos de transporte marítimo, con motivo da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Pode descargar o documento na seguinte ligazón:

Descarga PDF Orde TMA/374/2020, do 28 de abril, pola que se establece a documentación coa que poderán acreditar a súa condición os tripulantes dos buques para facilitar a súa circulación, a fin de asegurar a prestación dos servizos de transporte marítimo, con motivo da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

O Concello pon a disposición dos comercios da vila material de protección individual

Desde o Concello queremos mandar unha mensaxe de ánimo a todas aquelas persoas da nosa vila que vaian retomar a súa actividade próximamente, e queremos tamén colaborar con eles na súa protección individual e na dos seus clientes, polo que poñemos un correo e teléfono a súa disposición para que contacten con nós e poidamos proporcionarlles material.

Debemos incidir no feito de que mercar nos negocios locais é unha inversión no benestar do noso pobo e animámos a toda a veciñanza a que, sempre que sexa posible, merque no comercio da nosa vila.

Paso a paso iremos saíndo desta situación e chegaremos a bo porto.

O Concello distribuirá mascarillas hixiénicas reutilizables

Desde o 26 de abril, nenas, nenos e adolescente de ata 14 anos xa poden saír a rúa a pasear e xogar, unha vez ao día, durante unha hora, nun entorno de máximo un kilómetro arredor da súa casa.

O concello adquiriu mascarillas hixiénicas reutilizables infantís que, coa inestimable colaboración de Protección Civil de Cedeira, iranse distribuíndo polas casas das nenas e nenos de 3 a 12 anos como medida auxiliar á prevención do contaxio da Covid19.

Estas mascarillas están elaboradas con material segundo a especificación UNE.

Coas mascarillas acompáñase un manual de uso.