Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como administrativo

BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO ADMINISTRATIVOS

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de administrativo encadrados na escala de Administración xeral, subescala de administrativa, grupo “C1” do Concello de Cedeira.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica (https://sede.cedeira.es) ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedimiento administrativo común das Administracións Públicas. Se se presentara a instancia por correo postal, deberá aparecer o selo da oficina de correos na devandita solicitude e se comunicará ao Concello a presentación da solicitude, por correo electrónico á dirección correo@cedeira.es, ou por fax ao número 981482506. Noutro caso só a data de inscrición da instancia no Rexistro do Concello será a que se teña en conta para todos os efectos.

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Para máis información :

VER PDF Convocatoria e Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como administrativo