• HELP water supply to farms

    BENEFICIARIOS:
    Titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, das zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro no momento publicación desta convocatoria.

    OBXETO DE AXUDA:
    a) Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga.
    b) Equipamentos para a mellora do abastecemento de auga ás explotacións gandeiras,como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles.
    c) En xeral, servizos de abastecemento de auga ás explotacións agrarias

    IMPORTE MÁXIMO DE AXUDA:
    50 % dos custos subvencionables cun máximo de axuda de 5.000 euros.

    MÁIS INFORMACIÓN:

    ÓRGANO:
    Consellería de Medio Rural (Procedemento MR405C)