Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: MonicaFdz

Xunta e Mancomunidade impulsan o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas

XUNTA E MANCOMUNIDADE IMPULSAN O XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS

Potenciar e afianzar, a nivel nacional e internacional, o xeodestino turístico Ferrolterra-Rías Altas é o obxectivo do convenio presentado onte pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a Mancomunidade de municipios da comarca de Ferrol. O acordo asinado afecta a 21 concellos e dá continuidade ás colaboracións pasadas, que repercuten na xeración de emprego e na redistribución da riqueza.

O convenio ten un montante de 75.000 euros, dos que o 80 % serán achegados por Turismo de Galicia. O turismo slow, a paisaxe costeira, o parque natural das Fragas do Eume, o Camiño Inglés e de San Andrés de Teixido figuran entre os recursos máis destacados da zona.

A pretensión pasa pola posta en valor destes e outros recursos endóxenos, traballando para consolidar a súa imaxe de marca e promocionando produtos turísticos innovadores.

Para alcanzar devanditos obxectivos establécense cinco liñas de actuación. A primeira delas profunda na promoción do destino turístico en Internet, soportes físicos, feiras e espazo de gran afluencia. Ademais, e en liña coa estratexia de turismo de Galicia 2020, impulsarase a oferta de turismo slow, a fin de que poidan sumarse a ela empresas potencialmente interesadas.

Traballarase, así mesmo, en mellorar a interpretación da paisaxe costeira, unha das experiencias máis impresionantes deste destino, que esperta gran interese entre os turistas náuticos e os cruceristas.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Xunta e Mancomunidade impulsan o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas

O Concello colabora coa Asociación de Comerciantes do Casco Vello na organización da cita Cedeiraviño, que será a próxima fin de semana

O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DO CASCO VELLO NA ORGANIZACIÓN DA CITA CEDEIRAVIÑO, QUE SERÁ A PRÓXIMA FIN DE SEMANA

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación de Comerciantes do Casco Vello na organización da segunda edición de CedeiraViño, unha cita que terá lugar os días 15 e 16 do presente mes de xullo.

O paseo da Marina acollerá a celebración dunha iniciativa na que estarán presente un total de sete distribuidores e na cobrarán especial protagonismo os caldos galegos. Así, os afamados ribeiros, albariños e godellos compartirán espazo cos viños rioxanos, de Toro e de Ribera del Duero.

“Ven y distrútalo!!!” é o lema dun programa que amplía o seu horario con respecto á primei­ra edición e modifica o sistema de participación para facelo máis operativo. Durante a xornada inaugural (sábado, día 15), os nove postos previstos permañecerán abertos ao público entre as 19.30 e as 23.00 horas, e o domingo 16, de 12.00 a 15.00 horas.

En canto á participación, como principal novidade os consumidores terán que comprar a copa, ao prezo de dous euros. Tamén estarán á venda bonos por importe de cinco e dez euros, repartidos en tíckets de 50 céntimos que terán que se entregar nos postos segundo o prezo que marque cada viño.

Os caldos tanto se poderán consumir por copa como por botella, que se poderán acompañar con racións do tradicional pastelón local, unha especialidade que suministrarán a empresa Arrivi e a confitería As Camelias.

O presidente da entidade de comerciantes do Casco Vello, Francisco Zaera, destacou a con­solidación da cita, que pasou dun único distribuidor na primera edición aos sete que haberá na que comeza o sábado. Tamén valorou os cambios introducidos porque facilitarán a asistencia e participación de veciños e visitantes. Agradeceu finalmente a colaboración do Concello, que se deixará sentir principalmente coa actuación da formación Medievándalos, a partir das 13.30 horas do domingo.

Zaera invita á veciñanza da vila e da comarca en xeral a secundar coa súa presenza a convoca­toria, que espera que sexa do agrado de todos eles.