Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: Ana

O CONCELLO DE CEDEIRA EXPLORA VÍAS DE COLABORACIÓN COA ÁREA DE PATRIMONIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

O alcalde e o tenente de alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil e José Antonio Rodríguez Arribe, recibiron a visita do deputado de Patrimonio, Xosé L. Penas, e da deputada provincial Cristina García Rey. O encontro serviu para intercambiar impresións sobre actuacións que o Concello quere acometer tanto no Castro Sarridal como no casco antigo da vila e avanzar sobre qué liñas de financiación poden facilitar, desde a área de Patrimonio da Deputación Provincial da Coruña, a súa realización.
Así, os responsables municipais acompañaron ao deputado e á deputada provincial nun percorrido polo xacemento do Castro Sarridal, onde lles explicaron os resultados das sucesivas campañas de escavación executadas e tamén o plan arqueolóxico do Concello para seguir avanzando na descuberta de novos achados pola zona adxacente, pola que vai o camiño. O percorrido abrangueu tamén, na mesma península de Sarridal, as cetarias que se recuperaron recentemente, o miradoiro que está sobre elas e o Castelo da Concepción, elementos que conforman un singular conxunto patrimonial.
Tamén estiveron no casco vello de Cedeira, onde entre outras cousas viron a praza da Reitoral. Tal como explicou Moreda Gil, a baranda metálica que delimita a zona na que está o palco da música está bastante deteriorada e a vontade do goberno local é abordar o seu arranxo. Durante o encontro, os responsables falaron das liñas de axuda que poden servir tanto para financiar esta última actuación como próximos traballos no Campo Sarridal.

O COMITÉ CIENTÍFICO DO XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO CABO ORTEGAL CELEBRA A SÚA PRIMEIRA REUNIÓN PRESENCIAL EN CEDEIRA

O xoves 11 de abril tivo lugar a súa primeira xuntanza de forma presencial dende a súa constitución. Ademais da reunión, os e as compoñentes do Comité tiveron a oportunidade de visitar varios dos emprazamentos máis importantes do Xeoparque.

A xornada deu comezo ás 9:00 da mañá, coa recepción institucional por parte da asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal no auditorio municipal de Cedeira.

A continuación, tras unha breve contextualización do estado actual do proxecto, deron comezo varias presentacións levadas a cabo por algúns dos membros do Comité. A primeira, titulada “O Xeoparque Cabo Ortegal: Unha viaxe ao Interior da Terra” correu a cargo do catedrático e doutor en Petroloxía e Geoquímica Ricardo Arenas, investigador asociado ó Instituto de Geociencias (IGEO, CSIC-UCM) e investigador dende fai décadas do Complexo do Cabo Ortegal. A continuación, Luís Somoza Losada, xeólogo mariño, investigador do Instituto Geológico y Minero de España (IGME) e coordinador científico técnico para a ampliación da Plataforma Continental Española, falou sobre o “Entorno xeolóxico mariño do Xeoparque Cabo Ortegal”, aportando ademáis varias propostas para levar a cabo no territorio. O coruñés Antonio Sandoval, escritor, comunicador ambiental e ornitólogo presentou as “Oportunidades para o turismo ornitolóxico no Geoparque Cabo Ortegal”, mostra da súa experiencia na posta en marcha de proxectos de educación e interpretación ambiental e turismo ornitolóxico e de natureza. A rolda de presentacións finalizou da man de Manolo González e o “Patrimonio audiovisual na Serra do Forgoselo”. Creador e director da Escola de Imaxe e Son de A Coruña e da Axencia Audiovisual Galega ata 2009, impulsou diversos proxectos audiovisuais no territorio, coordinando na actualidade o encontro de cineastas ChanfainaLab en San Sadurniño dende o ano 2014.

A continuación, tivo lugar a reunión asamblearia do Comité, onde se discutiron, entre otras cuestións, aspectos organizativos e propostas de traballos científicos no territorio. Xa pola tarde, o grupo tivo a oportunidade de visitar varios lugares do Xeoparque, con paradas no Miradoiro dos Carrís, co seu destacado conxunto de rochas granulíticas e espectaculares vistas, Vixía de Herbeira e San Andrés de Teixido, donde os recibiu Jorge Bellón, artisán especializado na fabricación dos famosos “sanandresiños” e presidente da Asociación San Andrés de Teixido Eventos, organizadores da Rapa da Capelada. Como broche final, o Cabo Ortegal recibiu a toda a comitiva ó luscofusco, onde se deu por concluida esta fructífera xornada.

Compoñentes do Comité Cientifico do Xeoparque Mundial da UNESCO Cabo Ortegal

  • Ana Jesús López Díaz, titular da Universidade EPEF-Campus Industrial de Ferrol Universidade da Coruña, secretaria general da Real Sociedad Española de Física, vicepresidenta del Grupo Especializado de Mujeres en Física
  • Antonio García Allut, antropólogo aocial, profesor titular da UDC. Especialidade en Patrimonio Cultural, gobernanza, antropología ambiental, poboacións de pescadores.
  • Antonio Sandoval Rey, ornitólogo, escritor e divulgador ambiental.
  • Artur Agostinho Sá, especialista en bioestratigrafía e Xeoparques Mundiais da UNESCO.
  • Augusto Pérez Alberti, USC, departamento de edafoloxía e química agrícola, especialista en xeomorfoloxía
  • Eva Parga Dans, Instituto de Productos Naturales y Agrobiología (IPNA-CSIC), especialidade en sociología do patrimonio cultural.
  • Felipe Criado-Boado, Instituto de Ciencias del Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (INCIPIT-CSIC), especialidade en arqueoloxía da paisaxe.
  • Felipe Macías Vázquez, USC, Laboratorio de Tecnología Ambiental. Instituto CRETUS.
  • Irene Novo Fernández, Universidad Complutense de Madrid, Petrología y Geoquímica.
  • Jorge Mira Pérez, Universidade de Santiago de Compostela, especialidade en Física e divulgación científica.
  • José Antonio Cortés Vázquez, UDC, especialidade en antropoloxía e socioloxía ambiental e do patrimonio.
  • José Ignacio Gil Ibarguchi, Universidad Complutense de Madrid, Universidad del País Vasco, departamento de Mineralogía y Petrología.
  • Juana Vegas Salamanca, Jefa de Área de Patrimonio Geológico y Minero, Doctora en Ciencias Geológicas por la Universidad Complutense de Madrid.
  • Luís Somoza Losada, Instituto Geológico y Minero, Geología aplicada a los recursos marinos y de Medios extremos (GI_GEOMAR).
  • Manuel González Álvarez, docente, investigador cinematográfico e audiovisual.
  • Mónica Luengo Añón, ICOMOS, especialidad en paisajes culturales.
  • Ricardo Arenas Martín, Catedrático del departamento de Mineralogía y Petrología de la Universidad Complutense de Madrid.
  • Sergio Llana Fúnez, Universidad de Oviedo, especialidad en geología estructural y tectónica.
  • Sonia Sánchez Martínez, Universidad Complutense de Madrid. Facultad de Ciencias Geológicas. Departamento de Mineralogía y Petrología
  • Xan Rodríguez Silvar, Sociedade Galega de Historia Natural, biólogo. Educador e divulgador ambiental.
  • Xosé Lois Armada Pita, Instituto de Ciencias del Patrimonio, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (Incipit – CSIC), Arqueología y Patrimonio Cultural

CEDEIRA ACOLLE ESTE SÁBADO UNHA XORNADA DA LIGA GALEGA DE KARATE CON RÉCORD DE INSCRICIÓNS

Cedeira acollerá este sábado a 3ª Xornada da Liga Galega de Karate, na que se rexistrou un novo récord de participación, ata chegar as 626 inscricions de 32 clubes. É, segundo explicou esta mañá o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente López, na presentación da proba, a cifra máis alta de deportistas rexistrada na historia desta disciplina en Galicia. Lafuente estivo acompañado, na presentación do evento no Concello de Cedeira, por Juan Carlos González, directivo da escola de Karate de Cedeira, e polo primeiro tenente de alcalde, Xosé Arribe. Trátase dunha competición oficial, recollida no calendario deportivo da Federación Galega de Karate, que se desenvolve en diferentes xornadas. O seu obxectivo é de carácter promocional tendo como destinatarios aos deportistas das categorías de base, nas modalidades de Kata (formas) e Kumite ( combate). As categorías en competición son as seguintes: pre-benxamín (ata os 5 anos), benxamín (6 e 7 anos); alevín (8 e 9 anos), infantil (10 e 11 anos), xuvenil (12 e 13 anos) e cadete (14 e 15).

A competición desenvolverase en xornada de mañá e de tarde, a primeira de 9.30 a 14.30 para as categorías xuvenil e cadete, e a segunda de 16.30 a 21.00h para pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil.

O Club de Karate Cedeira participa con 18 deportistas. Ademais, podemos engadir a participación doutros clubs de Ferrolterra como por exemplo: Grupo Bazán, Artes Marciais Fene, Escola de Karate A Gándara, Escola de Karate Shiai Narón, Escola Superior de Karate de Narón, Karate Casino de Ares, Club Galea Sport, Renbukan, Bunkai, Beni Gym… Poderase seguir en directo a través da canle de YouTube da Federación Galega de Karate e da
plataforma web Karate Scoring. A entrada será de balde.