AUGAS DE GALICIA OPTIMIZARÁ A EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EDAR DE ARES E CEDEIRA

Augas de Galicia mellorará a eficiencia enerxética en cinco estaciones depuradoras de augas residuais (EDAR), entre as que se atopan as de Ares e Cedeira. Estas experiencias piloto son o resultado do proxecto Aqualitráns, un estudo de investigación sobre o consumo enerxético en diferentes EDAR de Galicia e o norte de Portugal, cuxas conclusións foron presentadas onte na EDAR de Ares, en Punta Avarenta.

“Tras as conclusións deste traballo imos poñer na práctica, neste caso cun proxecto piloto en cinco depuradoras en Galicia e unha no país veciño, para aplicar as conclusións destes estudos e alcanzar unha maior eficiencia enerxética nos procesos de depuración”, apuntou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, tras a visita guiada que os participantes, entre os que se atopaba o director do departamento de Enerxía e Planificación Enexértica do Inega, Emérito Freire, o director xeral da Fundación ITG, Carlos Calvo, ou o presidente do Consello de Administración de *Águas do Município do Porto, Frederico Vieira, realizaron á planta depuradora.

Caso por caso En Galicia, as instalacións que se someteron á devandita auditoría de consumos eléctricos foron as situadas nos municipios coruñeses da Pobra do Caramiñal, Ares, Cedeira e Ortigueira; Ribadeo, en Lugo, ademais dos pontevedresas de Nigrán, Gondomar, Arcade, Vilaboa e Tomiño. Agora, nunha segunda fase, decidiuse que a metade delas, concretamente as da Pobra do Caramiñal, Ares, Cedeira, Nigrán e Gondomar, ademais da lusa de Sobreiras, no Porto, comecen a aplicar as conclusións deste estudo para lograr “un aforro enerxético, nestas instalacións que son tradicionalmente grandes consumidoras de enerxía eléctrica”, segundo sinalou o director do organismo galego.

No caso de Ares, o estudo revelou que os sistemas de aireación supoñen un elevando porcentaxe no consumo enerxético polo que se procederá á instalación dun vertedoiro regulable que manterá o nivel da auga nun valor de sumergencia óptimo. A implantación desta medida terá un custo de 18.982 euros e supoñerá un aforro no consumo enerxético global da EDAR dun 4%.

Por outra banda, a planta depuradora de Cedeira require de equipos de funcionamento continuos cuxo consumo se optimizará coa instalación de 74 paneis fotovoltaicos para o seu autoconsumo. Este sistema, valorado en 41.804 euros, cubriría o 18,78% da demanda diúrna de enerxía da EDAR e o 7,2% da demanda total da planta depuradora, tal e como recolle o estudo.

 

Fonte: Diario de Ferrol
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Augas de Galicia optimizará a eficiencia enerxética nas EDAR de Ares e Cedeira