Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

ATENCIÓN Á MULLER

O Concello de Cedeira ten un programa especial de atención á muller. Profesionais con cualificación específica ofrecen asesoramento, diagnóstico da situación familiar e seguimento personalizado para intentar resolver os problemas das usuarias deste servizo.

Actuacións

  • Orientación social, xurídica e psicolóxica para mulleres que padecen especiais dificultades, como malos tratos, agresións sexuais
  • Diagnóstico da situación e acceso, cando for preciso, aos recursos especializados (casa de acollida para mulleres maltratadas ou outros aloxamentos alternativos).
  • Sensibilización e concienciación da sociedade sobre a incidencia destes problemas para mellorar o seu tratamento colectivo.
  • Seguimento coordinado do caso por parte do equipo de profesionais ao cargo.
  • Outros trámites:
    • Axudas económicas.
    • Petición de xustiza gratuíta.

Para a tramitación de solicitudes ou para obter máis información sobre estes recursos, é preciso concertar unha entrevista cos servizos sociais do Concello. Para solicitar a cita, pódese acudir ás oficinas do departamento ou chamar por teléfono.

Centro Sociocultural, rúa do Convento s/n – 3º andar.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9.00 h a 14.00 h.

981 492 179