As obras do paseo marítimo provocan unha avería na iluminación pública

AS OBRAS DO PASEO MARÍTIMO PROVOCAN UNHA AVERÍA NA ILUMINACIÓN PÚBLICA

As obras de reposición dun tramo de tarima do paseo marí- timo de Cedeira na zona do colexio Nicolas del Río ocasionaron unha avaría na sumbinistración eléctrica da iluminación pública que non quedará resolta ata o vindeiro luns. O problema afecta á zona comprendida ata a Ponte Nova, a carón do muro.

A maquinaria que se ocupa das obras rompeu a liña entre farolas e aplastou uns 60 metros de canalización. Para non provocar outros problemas como a rotura de caixas de empalmes que podería derivarse do estiramento dos cables optouse por apagar as luces e comprobar o alcance da incidencia antes de repoñer o servizo coas debidas garantías.