Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Arranca o trofeo de pádel “Vila de Cedeira” coa participación de 80 parellas

ARRANCA O TROFEO DE PÁDEL “VILA DE CEDEIRA” COA PARTICIPACIÓN DE 80 PARELLAS

Un total de 80 parellas de pádel enfrontaranse esta fin de semana en Cedeira con motivo da celebración do torneo “Vila de Cedeira” que, organizado polo Club de Tenis e Pádel da localidade.

A competición dará lugar a partidos nos que se enfrontarán parellas das categorías 2ª, 3ª e 4ª masculinas, así como outros da feminina (cascada 1ª e 2ª) e tamen da mixta (cascada 1ª e 2ª).

Haberá trofeos para os mellores clasificados e agasallos para os participantes, segundo se pon de manifesto desde a organización coa que está a colaborar o Concello de Cedeira para que todo saia como está previsto, dada a popularidade desta modalidade deportiva.

O goberno local invita á veciñanza e mesmo aos visitantes a secundar coa súa presenza a celebración dunha actividade de carácter gratuíto e de acceso libre.