Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A obra de teatro infantil “Mai Mai” representarase este domingo no auditorio municipal de Cedeira

A OBRA DE TEATRO INFANTIL “MAI MAI” REPRESENTARASE ESTE DOMINGO NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CEDEIRA

A compañía Baobab Teatro representará este domingo en Cedeira a obra de teatro infantil “Mai Mai”, “unha obra tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental”. O auditorio municipal acollerá unha actuación que dará comezo ás seis da tarde. A entrada é de balde.

Trátase dunha actividade do programa “Nós contra a violencia”, unha iniciativa autonómica centrada no fomento do galego e na promoción da igualdade.

“Mai Mai” é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….