A tenza dos considerados animais potencialmente perigosos está regulada no Concello de Cedeira en virtude da lexislación autonómica de Galicia.

Pode consultala na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos

Os animais considerados potencialmente perigosos son:

Todos aqueles que, pertencendo á fauna autóctona ou alóctona, independentemente da súa condición, natureza, especie ou raza á que pertencen, e convivindo no contorno humano como animais domésticos ou de compañía, sexan susceptibles de ocasionar a morte ou lesións ás persoas ou a outros animais, ou de producir danos de certa entidade ás cousas.

Os cans considerados potencialmente perigosos son:

a) Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.

b) Cans que foran adestrados para a garda e defensa.

c) Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento para a garda e defensa e, concretamente, os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre si ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.

d) Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou logo de notificación ou denuncia e a través do informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.

A tenza e propiedade destes animais obriga á solicitude de licenza administrativa e ao rexistro do animal no Concello de Cedeira.

  • Request Administrative License

    O propietario que resida no Concello de Cedeira dun animal potencialmente perigoso deberá realizar os seguintes trámites nas oficinas da Policía Local.

    Oficinas da Policía Local. Rúa Real nº 15, baixo.

    De luns a venres: de 9.00 a 14.00h. Sábado: de 10.00 a 13.00 h.

    649 876 285

    • Cubrir a solicitude de licenza administrativa:

    Pode descargar a solicitude no seguinte enlace:


    SEE PDF Licenza potentially dangerous animals


    DOWNLOAD WORD License potentially dangerous animals

    • Achegar a documentación requirida na solicitude.
    • Dar entrada á solicitude no rexistro da Policía Local.
    • No caso de resolverse favorablemente, o Concello concederá a licenza administrativa.
  • Pets registration

    O/a propietario/a dun animal potencialmente perigoso que teña este animal no Concello de Cedeira deberá inscribilo seguindo os trámites que se sinalan a continuación:

    Nas oficinas da Policía Local:

    Oficinas da Policía Local. Rúa Real nº 15, baixo.

    649 876 285

    1. Approaching local police agencies with the required documentation
    2. Attach the required documentation for registration
    • Justification of the subscription of a liability insurance for the animal
    • Document proving the microchip implantation
    • Photocopy acreditativa from municipal license
    1. No caso de resolverse favorablemente, farase entrega dunha copia cos datos identificativos.