Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Aberto o prazo de inscrición para ximnasia de mantemento da terceira idade

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA XIMNASIA DE MANTEMENTO DA TERCEIRA IDADE

O Concello de Cedeira abre o prazo de inscrición para asistir ás clases de ximnasia de mantemento que terán lugar os martes e xoves na sala Áncora. Trátase dunha actividade dirixida ao colectivo da terceira idade. O prazo rematará o día 31 do presente mes. A iniciativa impartirase en horario de mañá, de 10.00 a 11.00 horas. As reservas de prazas terán que formalizarse nas oficinas de Servizos Sociais.