Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Aberto o cuestionario e o buzón de suxestións do Foro de Participación cidadá “Loita por un espacio máis sostenible”

ABERTO O CUESTIONARIO E O BUZÓN DE SUXESTIÓNS DO FORO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A través do FEDER e dos fondos estruturais da Unión Europea que xestiona a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, estase a promover desde as Administracións o crecemento sustentable dos municipios e, con este fin, apoiase a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental, buscando a integración e a adaptación ao cambio climático na xestión pública.

No marco deste compromiso, desde o Concello de Cedeira estamos a traballar na elaboración, deseño e execución de proxectos e plans na procura dun municipio sustentable, sostible e respectuoso co medio ambiente, que avance na mitigación do cambio climático e que reduza as emisións GEI.

As nosas principais liñas de actuación son:

  • Neutralizar as consecuencias do Cambio Climático a través de actuacións enfocadas á prevención.
  • Mellorar a Eficiencia Enerxética nas edificacións, nas infraestruturas e nos servizos públicos.
  • Aumentar o uso das Enerxías Renovables nas edificacións e estruturas públicas.
  • Fomentar a Mobilidade Urbana Sustentable a través da mellora da rede viaria, carrís bici e peonís, así como da conexión urbana- rural.

Neste senso terase en conta a opinión do pobo para crear a vila sustentable que queremos, para elo faremos un Foro de Participación Cidadá o xoves 25 de outubro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

Tamén habilitaremos na páxina web do Concello un buzón de suxerencias, onde poderedes enviar as vosas achegas sobre que melloras se poderían facer nestes ámbitos e que beneficien o noso Concello. O prazo para o envío de propostas pecharase o día 2 de novembro deste ano.

ANÍMATE E PARTICIPA

IR A BUZÓN DE SUXESTIÓNS

IR A CUESTIONARIO

Proxecto cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020