saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

La Villa de Cedeira bullirá siete días con actividades y fiestas en torno a la merluza de la volanta

LA VILLA DE CEDEIRA BULLIRÁ SIETE DÍAS CON ACTIVIDADES Y FIESTA EN TORNO A LA
MERLUZA DE VOLANTA

A merluza da volanta mergullará a Cedeira en sete días de celebracións da man do Certame de Tapas, que comeza este sábado, e da segunda edición da Festa da Merluza, que será os días 31 de marzo e 1 de abril nunha carpa climatizada situada a carón do pósito local. Entrementres, desde o día 24 e ata o 1 de abril, haberá unha serie de actividades para dar a coñecer o que é e o que representa para a economía local a captura da merluza da volanta, un arte que sitúa ao porto cedeirense á cabeza dos pesqueiros a nivel nacional e á que hoxe se dedican un total de 12 embarcacións da confraría local.

Os contidos destas citas e actividades foron detallados hoxe en rolda de prensa por parte do alcalde e máis da concelleira de Cultura, Pablo Moreda Gil e María Xosé Rodríguez Pérez, respectivamente; da patrona maior da Confraría, Lucía Villar Martínez; da responsable do proxecto O Sentir Mariñeiro, Ana Freire, e do representante do Museo Mares de Cedeira, Eduardo do Mimo. Todos concidiron en destacar a novidade que representa pasar de dúas fins de semana a unha semana enteira e a importancia desta cita para a posta en valor dun produto de moi alta calidades e respectuoso co medio ambiente no que a súa captura se refire.

O programa arrincará este sábado coa segunda edición do Concurso de Tapas de Merluza de Cedeira, que vén de sumar catro establecementos máis aos 12 que tomaron parte na súa primeira convocatoria. Polo tanto, serán 16 os locais de hostalería que este ano participarán nun certame que terá lugar os días 24 e 25 e cuxos obxectivos son promocionar a merluza de volanta e dar a coñecer a calidade e variedade que existe dentro da gastronomía local.
Tanto desde o Concello, como desde a Confraría e o Museo Mares de Cedeira invitaron á veciñanza da comarca a sumarse á celebración destes actos e destacaron tanto a colaboración do Galp A Mariña-Ortegal como das nove embarcacións (Fresán, Bedia, San Ramón, Brisas de Cedeira, Sempre BenyJor, Brual, Sarrial, Novo Luan e Novo Richard) que este ano se encargarán de subsministrar o produto. Tamén como novidade, este ano a merluza poderase degustar de sete formas diferentes. Ademais de pratos principais, haberá unha tabla de pinchos.

Durante estos dos días, los residentes y los visitantes podrán consumir las tapas para las horas de mediodía los siguientes establecimientos: Breeze, Plaza de pescado, Diners San Antón, Diners Jojo Mesón Marieta restaurante Vila Velha, Mesón Ria, Mesón Sloop, Cervecería Rosi, Diners El Amanexo, pizzería sheriff, Cafetería auditorio, Mesón El Mesón, Galifornia bar, un café y el malecón central.

No que non haberá ningunha novidade é no que respecta ao prezo da consumición, que será de 1,5 euros, e ó desenvolvemento dun concurso. Así, os consumidores, que actuarán de xurado, poderán emitir a súa opinión nas tarxetas de votación que estarán dispostas nos establecementos participantes. É obrigatorio ter consumido cinco tapas distintas para poder emitir o voto. En cada negocio haberá que homologar a tarxeta que, unha vez dispoña dos cinco selos esixidos, se poderá depositar en calquera das caixas de votación distribuídas polos locais. Só se admitirá unha tarxeta por persoa e só serán válidas aquelas que cumpran os requisitos establecidos pola organización. Os participantes serán incluídos no sorteo dunha cena para dous no establecemento gañador do certamen.

A II Festa da Merluza, organizada pola Confraría de Pescadores coa colaboración do Concello e do Museo Mares de Cedeira, arrincará o luns día 26 con visitas guiadas ao museo, a celebración de obradoiros de costura de redes e percorridos pola Cedeira máis mariñeira, en diferentes días e horarios. As persoas interesadas poden apuntarse ou dispoñer de máis información no correo electrónico osentirmarineiro@confrariacedeira.es ou a través dos teléfonos 981 480 389 e 608 926 390. A participación é gratuíta. Tamén estará aberta ao público a exposición permanente no museo en horario de 10.30 a 13.30 horas.

As xornadas festivas, tanto a do día 31 de marzo como a do 1 de abril, comezarán ás dez da mañá cunha visita guiada pola vila de Cedeira. A degustación arrincará pasadas as doce do mediodía co reparto das primeiras racións de merluza. A sesión vermú, prevista para as 14.00 horas, estará amenizada por “Blues do País e o Sindicato da Taberna”. As visitas á exposición permanente do Museo Mares de Cedeira serán as 11.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas e os obradoiros previstos, un de costura de redes e outro de manualidades, darán comezo ás 12.00 a 17.30 horas. A degustación non se interrumpirá ata as doce da noite.

Al día siguiente, la jornada gastronómica será las 12:00 horas hasta las siete en punto. La ceremonia para el establecimiento de la ganadora del concurso de premios y la parte superior de la opinión pública está prevista para las 14:00 horas e inmediatamente después de la sesión se iniciará con la realización de vermut "Pablo Balseiro y membrana para ellos."