Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A piscina acapara unha gran parte da actividade deportiva dos cedeireses

A PISCINA ACAPARA UNHA GRAN PARTE DA ACTIVIDADE DEPORTIVA DOS CEDEIRESES

Unha tempada máis, a piscina municipal de Cedeira acapara unha gran parte da actividade deportiva que os cedeireses realizarán ao longo de todo o ano. Os números así o reflicten. Son os que se refiren á ocupación dunha instalación que a partir de agora abrirá ao público entre as 8.30 e as 22.15 horas de luns a domingo, excepto as tardes dominicais nas que permañece pechada. Durante os próximos meses un total de 260 alumnos das escolas de natación -entre adultos e infantís-, 325 abonados de piscina libre e máis de 300 deportistas das escolas de bádminton, rítmica, patinaxe e fútbol, entre outras, compartirán unhas instalacións que tamén reciben visitas semanais de usuarios de entidades sociais como Alcer, Apader e Sobre Rodas.

A actividade na piscina arrancou hai uns días tras a aprobación definitiva da tabla de horarios que estará operativa ao longo da presente tempada. Nela ponse de manifesto que o de abonados é o colectivo que ten unha maior presenza, xa que poden facer uso das instalacións os sete días da semana, incluído o domingo. El club de natación da localidade entrénase de luns a venres entre as 15.00 e 17.00 horas. As clases de natación para adultos son os luns, mércores e venres, en horario de mañá. Ademais tamén están as actividades de aquagym, as que teñen como protagonistas aos bebés e as que está pensadas para nais xestantes.

Pode consultar toda a información sobre as actividades despotivas na piscina municipal na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Actividades deportivas municipais