Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A pintura acrílica sobre lenzo chega a Cedeira da man de Ángel Picos Pérez e Mar G. Pires

A PINTURA ACRÍLICA SOBRE LENZO CHEGA A CEDEIRA DA MAN DE ÁNGEL PICOS PÉREZ E MAR G.PIRES

O Palacete Municipal de Cedeira abrirá hoxe día 1 a súas portas a unha exposición de pintura acrílica sobre lenzo da que son autores Ángel Pico Pérez e Mar G.Pires.

A mostra “Reflexos da nosa terra” permanecerá aberta ao público ata o día 13 de agosto e poderá ser visitada de luns a venres de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 horas e os domingos de 11.30 a 13.30 horas.

Ángel Picos Pérez é natural de Cedeira e o seu traballo creativo caracterízase por trazos moi marcados, froito do seu propio carácter, e por mesturar imaxes relacionadas coa paisaxe e tradicións galegas e polo sentimento de morriña que reflicten as súas figuras.

Mar G.Pires naceu en Ribadeo. É unha artísta costumista que utiliza a pintura como medio de expresión entre o pasado e o presente, buscando sempre un equilibrio entre luces e sombras para acadar a súa propia realidade.