Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A Oficina de Turismo e o Castelo da Concepción abrirán durante a ponte da Concepción

O Concello de Cedeira abrirá tanto a oficina de turismo como o castelo da Concepción durante a ponte de decembro. Así, o punto de información ao visitante estará operativo os días festivos (6 e 8) en horario de 10.30 a 13.30 horas, mentres que o restos dos días recuperará o seu horario habitual, de 9.00 a 14.30 horas.

En canto ao castelo, abrirá ao público de xoves a domingo de 11.00 a 16.30 horas, de forma ininterrompida.