A Oficina de Turismo amplía o seu horario de atención ao público

A OFICINA DE TURISMO AMPLÍA O SEU HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

A Oficina de Turismo amplía o seu horario para atender ás persoas que necesiten información ou asesoramento sobre os recursos turísticos da vila, aloxamentos ou mesmo locais nos que xantar.

Así, o punto de información ao visitante permanecerá aberto ao público en horario de mañá de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde; e de martes a venres, de cinco a sete da tarde. Os sábados abrirá só polas mañás, de once da mañá a dúas da tarde.