Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A obra de Vidal Bolaño Criaturas chegará o día 24 ao Auditorio de Cedeira da man do grupo de teatro de Ames

Criaturas é unha comedia aceda de Roberto Vidal Bolaño que o grupo de teatro do Concello de Ames representará o próximo domingo, día 24, no auditorio municipal de Cedeira dentro do ciclo de Teatro Amador organizado polo colectivo Teatro da Vila.

A función dará comezo ás 20.00 horas e o prezo da entrada é de 2 euros.

María Ordóñez dirixirá unha posta en escena na que participan un total de once actores que dan vida a esas personaxes anónimas, cotiás, e nas que Vidal Bolaño trata de indagar e pór ao descuberto o lado monstruoso que habita en nós ou nos que nos rodean.