A nova ANPA do IES Punta Candieira urxe a apertura dun centro de lecer xuvenil
A NOVA ANPA DO IES PUNTA CANDIEIRA URXE DUN CENTRO DE LECER XUVENIL
A nova directiva do ANPA O Beco, do IES Punta Candieira, expuxo ao goberno local «a necesidade social de que aposte de forma clara e urxente pola apertura dun centro de ocio para a xuventude». Beatriz Piñón preside a xunta; Laura Rey é a secretaria; Mª Beatriz Pena, a tesoureira; e Diego Rodríguez, vocal.
Na reunión coa edila de Servizos Sociais, Manuela López (BNG), presentaron os proxectos previstos, en colaboración co IES. Participarán en Voz Natura coa actividade Centauros do Mar e traballarán na promoción da igualdade, talleres (fotografía, edición de vídeo e televisión, ou maquillaxe de fantasía), préstamo de libros de lectura obrigada no centro (xa existente) ou o equipamento do local do ANPA.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN A nova ANPA do IES Punta Candieira urxe a apertura dun centro de lecer xuvenil
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN A nova ANPA do IES Punta Candieira urxe a apertura dun centro de lecer xuvenil