A MANCOMUNIDADE INFORMA SOBRE A CONTRATACIÓN DUN/UNHA INFORMADOR/A TURÍSTICO DO XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS

A Mancomunidade obtivo unha subvención ao abeiro da RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se Establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo,agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 na que se establece, cuxo artigo 1 establece que, como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como desempregado, ou demandante dunha mellora de emprego, no Servizo Público de Emprego de Galicia, motivo polo que foi presentada unha oferta no Servizo Público de Emprego de Galicia.

As bases do procedemento poden consultarse no taboleiro de anuncios da web da Mancomunidade
IR Á LIGAZÓN Contratación de informador/ turístico da Mancomunidade