The TEN YOUR LANGUAGE PROPIO OCO IN GALICIAN-PORTUGUESE MUSIC FESTIVAL

José Luís Fernández, Mauricío Castro e Ramón Mariño Paz son os tres últimos nomes en incorporarse ao programa do Festival de Música Galego- Portuguesa que do día 15 ao 17 do presente mes terá lugar na vila de Cedeira.

José Luís Fernández é profesor de lingua portuguesa na escola de idiomas da Coruña e a persoa que o próximo venres estará ao frente da xornada de lingua que, co título “O português no mundo da comunicaçao”, se celebrará no Palacete municipal, a partir das 19.00 horas.

Mauricío Castro tamén é profesor de portugués, neste caso na escola de idiomas de Ferrol, e ponente da charla que, prevista para o sábado día 16, terá lugar no Palacete e na que se falará sobre as razóns do reintegracionismo.

O programa máis académico do festival rematará o domingo, dia 17 de xuño, coa celebración da última das charlas, que correrá a cargo de Ramón Mariño Paz, profesor e investigador da área de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. A conferencia de Mariño Paz leva por título “Galego-portugués, galego e portugués. Será ás 12.00 no Palacete.

No apartado musical deste segundo Festival de Música Galego-Portuguesa, cuxo lema é “Traz outro amigo também”, cabe recordar os concertos de Luiz Caracol (venres ás 22.00 horas no auditorio), Coule Cofee e Uxía (sábado ás 22.30 horas no auditorio) e Celina da Piedade (domingo ás 19.00 horas auditorio).

O contido complementarase coa celebración de dous obradoiros: un sobre danza africana -venres, Sala Áncora, impartido por María Coutinho- e outro de canto alentejano -sábado, sala Áncora, impartido por Celine da Piedade.