saltar al contenido Saltar a la barra lateral izquierda Saltar a pie de página

La Coruña Cedeira explicó medidas para frenar el cambio climático

CORUÑA explican en CEDEIRA medidas para combatir el cambio climático

A sala Áncora acolleu onte a reunión do pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía que foi convocada polo Concello de Cedeira e tiña como obxectivo animar ás administracións límitrofes a aplicar unha serie de accións para poñerle freo ao cambio climático na medidas das súas posibilidades.

E que mellor exemplo que a testemuña de cidades como a herculina na que este tipo de polí- ticas comeza a dar os primeiros resultados. Así o explicaba onte o xefe de Calidade Ambiental do Concello da Coruña, Guillermo Leira, que interviu na reunión para valorar a entrada en servizo da oficina contra o cambio climático, unha iniciativa saída do pacto que serve de enlace entre os diferentes organismos institucionais que traballan polo medio ambiente e a veciñanza da Coruña. Leira tamén falou da xestión de instalacións municipais baixo criterios de sostibilidade ambiental, principalmente no que se refire ao consumo de enerxía eléctrica.

Camilo Casal, como responsable da área de Medio Ambiente do Concello de Cedeira, deixou clara a intención do equipo de goberno de participar -nunca en solitario- no pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía, por entender que é unha boa ferramenta para mellorar a eficiencia enerxé- tica, apostar polo uso das renovables e aplicar medidas conxuntas para a atenuación do cambio climático, ademais de educar na sostibilidade para garantir a conservación do medio ambiente. A escasa asistencia rexistrada onte- só estivo o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar- leva ao equipo de goberno a “pensar” na viabilidade da iniciativa, segundo apuntaba hoxe Casal.

O novo pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía é unha iniciativa na que a nivel mundial están implicadas máis de 200 millóns de persoas. No caso de España, o compromiso xa é unha realidade en 1.700 localidades, das que catro corresponden a concellos da provincia de Ourense, sendo A Coruña a única ciudade de toda a comunidade galega.